Museos

Museo Ramón María Aller

O Museo Municipal de Lalín foi inaugurado o día 30 de novembro de 1989, adaptándose para tal fin o edificio do século XIX con xardín que pertenceu ó sabio astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, e onde se emprazou o primeiro Observatorio Astronómico de Galicia. Está adicado a tres dos fillos ilustres de Lalín: D. Ramón Mª Aller Ulloa, Joaquín Loriga e Laxeiro.

Exposicións permanentes:

Na planta baixa do museo atópase "in situ" o despacho de D. Ramón Mª Aller, a parte dos mobles perfectamente conservados, expóñense varios obxectos científicos. Gárdanse tamén numerosos libros pertencentes a súa biblioteca persoal. Na planta superior do museo expóñense protexidas en vitrinas outras pezas que tamén pertenceron a D. Ramón Aller.

Do fillo ilustre de Lalín, Joaquín Loriga tan só se atopan expostos no museo dous obxectos.

O Museo de Lalín posúe en total 37 obras do pintor Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, que permiten ó visitante ter unha visión bastante completa da súa evolución artística, abranguendo dende as súas primeiras obras ata as máis recentes.

Correo electrónico
Enderezo: Rúa Ramón Aller, nº 9
Teléfono
986784004
Correo electrónico
museo@lalin.gal
Imagen Museo Ramón María Aller
km0