As entradas repartiranse o martes 27 de xaneiro ás 17 h no Concello
Pikete, Maneiro, El Combo Dominicano, Cinema, Festicultores, Gabriel Fandi, Rocío Varela, Ana Paz, El Capitán Sabrosura e Susie Q´s completan o cartel
A Gala do Cocido terá lugar o venres 30 de xaneiro, na que actuará Ana Guerra, Antonio José e Daniela Blasco, acompañados por un feixe de artistas que van poñer ritmo e festa á televisión e a Lalín: Pikete, Maneiro, Festicultores, El Combo Dominicano, Cinema, Gabriel Fandi, Rocío Varela, Ana Paz, El Capitán Sabrosura e Susie Q’s.
A Gala, que se desenvolverá entre as 21.45 e as 23.45 h, será retransmitida en directo o día 30 de xaneiro e estará presentada por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ademais, nesta edición estreará un novo formato cun concepto máis “festival”, cunha fan zone para arredor de 400 persoas, sen asento, para vivir as actuacións ben de preto (o acceso a esa zona farase cunha entrada diferenciada e pulseira), e tamén contará cun escenario máis prolongado para achegar o espectáculo ao público.
As entradas repartiranse o martes 27, a partir das 17:00 horas, no Concello (serán arredor de 3.000, axustadas ás necesidades técnicas da montaxe).
A apertura de portas será 60 minutos antes de dar comezo á Gala e haberá música e ambientación cun DJ para amenizar os momentos previos