Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
I Concurso de Fotografía Turística

Dado o número crecente de afeccionados á fotografía, ponse en marcha o certame co obxectivo de animar á xente para sacar instantáneas do municipio para darlle unha maior visibilidade a tódolos recursos, patrimonio e infraestrutura turística. Doutra banda, tamén se busca deste xeito que o  Concello lalinense poida dispoñer dunha serie de fotografía para utilizar en campañas concretas, en valos publicitarios, imaxes para publicacións en revistas, etc.

O concurso levará a cabo en colaboración coa empresa de márketing e comunicación  Hydra e os premios serán os seguintes: o primeiro posto estará remunerado con 500 euros, o segundo con 300 euros e o terceiro con 150 euros. Tamén se concederá unha mención especial á foto máis orixinal. Cabe mencionar que as cantidades anteriores serán distribuídas en vales de agasallo para consumir nos comercios de Lalín. Cada participante poderá presentar un máximo de 4 fotografías, cada unha delas cun titular. Deben de ser instantáneas sacadas directamente, é dicir, sen utilizar ningún tipo de programa que as poida  fluctuar.

O xurado estará formado por 5 persoas, que valorarán a calidade artística e técnica, a harmonía na composición, o valor creativo e innovador, o impacto visual, a orixinalidade... Doutra banda tamén se terá en conta o concepto de Lalín como destino turístico e a súa adaptabilidade a distintos formatos. As fotografías poderán entregarse ata o 15 de agosto e o día 27 dese mesmo mes, coñeceranse os gañadores. PODEDES ACCEDER AOS REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NO DOCUMENTO ANEXO.

Documentos
km0