Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O GOBERNO APROBA A POLÍTICA DE SEGURIDADE DE INFORMACIÓN DO CONCELLO E PON EN MARCHA O COMITÉ DE SEGURIDADE DA INFORMACIÓN
  • Os obxectivos son mellorar a seguridade da información, fomentar a relación electrónica coa cidadanía e facer fiable, confiable e segura toda a actividade municipal

 

  • Traballarase en acadar a certificación do Esquema Nacional de Seguridade

O Concello de Lalín leva xa tempo traballando na mellora das medidas da seguridade da información a blindaxe dixital ante posibles ciberataques tanto do Castro Tecnolóxico como do Padroado Cultural, dando resposta á normativa nesta materia: o Regulamento Xeral de Protección de Datos e o Esquema Nacional de Seguridade.

Así o goberno local vén de aprobar a política de seguridade da información do Concello de Lalín, un documento onde se establecen as directrices neste eido, e no marco do que se vén de constituír o Comité de Seguridade da Información, órgano que coordina toda as políticas de seguridade do Concello e que está composto polo alcalde, o secretario xeral, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, o departamento de Informática e tamén poden asistir as xefaturas de servizo.

Indicar que o Réxime Xeral de Protección de Datos e o Esquema Nacional de Seguridade sexan as dúas normas de obrigado cumprimento que máis van impactar no desenvolvemento dixital das entidades do sector público e por iso o goberno lalinense quere ser dos primeiros concellos en dar resposta a esta normativa.

A tenente alcalde, Paz Pérez; o edil de Novas Tecnoloxías, César Reboredo, e o técnico informático Carlos Vence explicaron o proceso xa dado neste ámbito polo Concello e os pasos a seguir de cara a conseguir a certificación do Esquema Nacional de Seguridade prevista no prazo de dous anos, seguindo as pautas marcadas polo Centro Criptolóxico Nacional.

Os obxectivos da política municipal da información son mellorar a seguridade, fomentar a relación electrónica coa cidadanía e facer fiable, confiable e segura toda a actividade municipal.

 

 

km0