Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
SOUTO INDICA QUE O CONCELLO OUTORGOU 17 LICENZAS PARA NOVAS GRANXAS E AMPLIACIÓNS POR IMPORTE DE 4 M€ EN 2022

Ademais están en trámite 12 licenzas máis

O concelleiro de Agricultura e Gandaría, Avelino Souto, informa de que “no que se leva de ano proporcionáronse 17 licenzas de novas granxas e ampliacións agrarias no Concello de Lalín”. “Destas, 7 son as novas granxas das cales a de maior contía se atopa en Méixome cun investimento de 543.000 euros”, explica.

Souto destaca que “o investimento total que se fixo ata o de agora en novas granxas e ampliacións por parte dos gandeiros, ascende a preto de 4 millóns de euros o que supuxo ademais un aforro para estas persoas en ICIO de preto de 200.000 euros”.

En canto ao tipo de explotación que se veñen de facer como novas construcións, “5 son de vacún, as cales se atopan en Méixome, dúas en Goiás, unha Busto e outra en Barcia. Por outra banda, as dúas restantes son de gandaría porcina e atópanse en Muimenta e Barcia”.

En canto ás ampliacións, o concelleiro destacou que “hai maior diversidade, estando neste caso 5 destinadas a vacún, as cales se atopan asentadas en Anseán, Gresande, Fontecabalos, Vilanova e Goiás, 3 a agrícola, estando situadas en Goiás, Bermés e Carragoso, 1 a forestal estando situada en Catasós, e outra destinada a cabalos estando situada en Soutolongo.

Soamente en vacún, destináronse investimentos de máis de 2.6 millóns de euros o que demostra unha forte aposta dos nosos veciños por este modelo económico”, afirma Souto.

Finalmente o edil comenta tamén que “nestes intres atópanse 12 licenzas xa en tramitación, o que aumentaría as contías anteriores e a aposta dos lalinenses por ampliar e facer novos negocios agrarios”.

km0