Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO CONVOCA O XXIX PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” DOTADO CON 5.000 €
-Haberá dous galardóns, 4.000 € destinaranse ao mellor traballo xornalístico entre todas as categorías e 1.000 € ao mellor traballo académico
O prazo de presentación abrirase proximamente unha vez se publique o extracto das bases da convocatoria no BOPPO e rematará o 16 de xaneiro de 2023

 

Veñen de aprobarse en xunta de goberno as bases reguladoras para convocar o XXIX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, que conta cunha dotación económica total de 5.000 € distribuídos en dous premios: nun primeiro premio de 4.000 € ao mellor traballo xornalístico entre o conxunto de todas as categorías que se presenten (libros, traballos, publicacións ou investigacións sobre gastronomía, páxinas webs, traballos gráficos...) e no mellor traballo académico ao que se destinan 1.000 € (prensa, radio, televisión e web) dedicado á gastronomía e presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional debendo estar acreditados por un docente do centro de estudos.

Os traballos poderán presentarse ata o 16 de xaneiro de 2023, unha vez se abra o prazo para o que será necesario agardar a que proximamente se publiquen as bases no BOPPO así como o extracto de bases.

O Premio “Álvaro Cunqueiro”, que leva o nome do primeiro pregoeiro da Feira do Cocido, está considerado como o galardón máis importante de periodismo gastronómico en España. É promovido polo Concello de Lalín, desde o ano 1993, en colaboración coa asociacións gastronómicas galegas, a Axencia Turismo de Galicia e coa Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela para recoñecer o labor de xornalistas e escritores como difusores da cociña galega.

km0