martes, 27 xaneiro 2026 Tras o paso dos temporais Joseph e Ingrid, Lalín recupera a normalidade. Para coñecer polo miúdo o balance de danos e como funcionaron os operativos preventivos, hoxe falamos co Concelleiro de Seguridade Cidadá, Pablo Areán. Podcast
xoves, 22 xaneiro 2026 Hoxe, xoves 22 de xaneiro, falamos con Francisco Vilariño, voceiro do BNG de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
martes, 20 xaneiro 2026 A conta atrás para a XXVI Matanza Tradicional do Porco xa comezou. Hoxe falamos con José Cuñarro, Concelleiro de Festas de Lalín, para afondar no que significa este evento que o vindeiro domingo, 25 de xaneiro, converterá a Casona de Mouriscade no corazón do noso rural. Podcast
luns, 19 xaneiro 2026 Hoxe pasou polos micros de Radio Lalín José Seixo, a alma de Recycling, para contarnos como se preparan para o UniRaid 2026. Podcast
venres, 16 xaneiro 2026 2x08 - ESPECIAL “GLOBOS DE OURO” Cinema nas Ondas un espazo dedicado á sétima arte. En Cinema nas Ondas, Severiano Casalderrey trae toda a actualidade cinematográfica. Podcast
xoves, 15 xaneiro 2026 Falamos con Alba Forno, voceira do grupo municipal do PsdeG PSOE e secretaria xeral da agrupación do PsdeG PSOE no Concello de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
martes, 13 xaneiro 2026 Hoxe conversamos con Daniel González Alén, Cronista Oficial de Lalín e flamante Premio de Honra do Seminario de Estudos de Deza (SED) nesta cuarta edición dos Premios do Patrimonio Cultural. Podcast
venres, 26 decembro 2025 Este sábado non fagas plans para despois das badaladas. Ás 23:59h, a cafetería do Círculo de Recreo-Casino convértese no escenario dun espectáculo único, "banal e de variedades", con sabor 100% lalinense. Hoxe pasou polos micros de Radio Lalín un dos seus protagonistas: Vito da Silva. Podcast
venres, 26 decembro 2025 Hoxe pasaron polos micros de Radio Lalín Jose Bugallo e Antonio Batán, director e presidente da Banda de Música de Lalín, para contarnos todos os detalles do Concerto de Fin de Ano. Podcast
venres, 26 decembro 2025 Doutor pola Universidade de Santiago e investigador na de Zúrich, Álvaro López Valiñas non esquece as súas raíces e aproveita este Nadal para alertarnos sobre dous perigos que axexan ao noso rural: a peste porcina e a gripe aviar Podcast
luns, 22 decembro 2025 Hoxe conversamos coa Dra. Laura Calvo sobre como xestionar a alimentación nestas festas sen caer no exceso de control. Unha charla necesaria para desfrutar dos encontros desde un lugar máis san e realista. Podcast
venres, 19 decembro 2025 2x07 - BALANCE DO ANO - Cinema nas Ondas un espazo dedicado á sétima arte. En Cinema nas Ondas, Severiano Casalderrey trae toda a actualidade cinematográfica. Podcast
xoves, 18 decembro 2025 O xoves 25 de decembro, ás 20:00 horas no Lalín Arena, terá lugar o Concerto de Nadal da Banda de Música de Vilatuxe. Falamos co seu director, Víctor Manuel Vilariño Salgado, do Concerto de Nadal que este ano leva por título “Peter Pan” Podcast
xoves, 11 decembro 2025 Conversamos con Pio Barreiro de PIO K TRÍO! Falamos do seu novo proxecto de jazz-soul, do 'groove' e de toda a información sobre o concerto que ofrecen este domingo no Café Casino de Lalín. Podcast
xoves, 11 decembro 2025 Hoxe en Radio Lalín falamos con Paco Sesto, presidente da Coral de Lalín, sobre o tradicional Concerto de Panxoliñas deste Nadal! Falamos das corais convidadas (Soutomaior e Vales Mahía), do repertorio e de por que non podes perder esta cita musical coa chegada do Nadal. Podcast
mércores, 10 decembro 2025 Falamos con Rafael Cuiña, coordinador de Compromiso por Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
xoves, 4 decembro 2025 Hoxe, venres 18 de xullo, falamos con Francisco Vilariño, voceiro do BNG de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
mércores, 3 decembro 2025 A Trattoria do Gato gaña o Bronce Galego no III Campionato de España de Pizzas coa súa proposta "Fuoco Galego"! Falamos con José García sobre o premio, os ingredientes e a nova etapa na Rúa B. Podcast
mércores, 3 decembro 2025 O Nadal arranca o 6 de decembro en Camposancos! Falamos con Karina Méndez, Secretaria da Asociación Veciñal, que nos conta todos os segredos e o programa completo da segunda edición desta festa comunitaria. Podcast
mércores, 3 decembro 2025 Álvaro Martínez de DEZABELLAS comparte connosco en exclusiva os segredos da súa produción tras gañar o premio "Cinco Estrelas" da AGA! Que fai tan especial a súa mel? Pica para escoitar a entrevista completa. Podcast