Xuventude

Xuventude
Imagen Xuventude

A Oficina Municipal de información Xuvenil está ubicada na Casa do Concello de Lalín, na Praza de Galicia, nº1.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787052.

A misión da Concellería de Xuventude é favorecer a inserción social e económica dos mozos dende a participación, para isto é recomendable presentar un Plan Anual de Actividades, estas actividades poden estar organizadas tanto pola propia Concellería como por asociacións ou colectivos. Se os mozos/as son os destinatarios de todo o traballo que desenvolve a Concellería, tamén os consideramos suxeitos activos, tanto na toma das decisións que lles afectan como na xestión dos proxectos e accións que se poñan en marcha. Deste modo, a Concellería de Xuventude debería contar coa participación dos mozos, individual e colectivamente, a través das súas Asociacións e do futuro Consello Municipal de Xuventude, no que se integrarán..

Sobre estes tres piares - participación, xestión cos mozos e coordinación, aséntase o traballo da Concellería de Xuventude, que se pretende poñer en marcha as seguintes propostas:

  • Obter máis participación dos mozos, mediante a súa incorporación ó Consello Municipal da Xuventude.
  • Favorecer o acceso ó emprego, mediante programas que favorezan a creación de postos de traballo, o autoemprego, a iniciativa empresarial e a formación entre a xuventude.
  • Facilitar o acceso á vivenda, poñendo ó seu servicio información e asesoramento de balde no tocante a axudas , etc.
  • Impulsar as relacións internacionais e intercambios entre mozos, poñendo especial énfase na participación de Programas da Unión Europea para a xuventude.
  • Axudar ós mozos a definir os seus itinerarios formativos, mediante a información e o asesoramento en materia de educación.
  • Promover unha ocupación do ocio e o tempo libre mediante prácticas saudables e que favorezan la convivencia.
  • Desenvolver accións dirixidas a evitar prácticas de risco entre a poboación xuvenil e que contribúan ó seu desenvolvemento integral e afirmación persoal, en definitiva, que melloren a súa saúde e calidade de vida.

Publicador de contidos

Imaxe: MAÑÁ COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO DIVERCOCIDO QUE CONXUGA MÚSICA INFANTIL, MAXIA, HUMOR, TALLERES, XOGOS TRADICIONAIS, CIRCO E CLOWN

MAÑÁ COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO DIVERCOCIDO QUE CONXUGA MÚSICA INFANTIL, MAXIA, HUMOR, TALLERES, XOGOS TRADICIONAIS, CIRCO E CLOWN O sábado ás 12.30 terá lugar unha visita do alcalde ás distintas actividades deste festival As actividades, todas gratuítas, terán lugar na carpa...

Imaxe: AS MÁIS DE 200 INSCRICIÓNS REXISTRADAS NO LALÍNCAMP21 LEVAN AO GOBERNO A AMPLIAR EN 40 PRAZAS A OFERTA INICIAL DE CAMPAMENTOS GARANTINDO...

AS MÁIS DE 200 INSCRICIÓNS REXISTRADAS NO LALÍNCAMP21 LEVAN AO GOBERNO A AMPLIAR EN 40 PRAZAS A OFERTA INICIAL DE CAMPAMENTOS GARANTINDO QUE CADA NENO-A PARTICIPE EN 1 ACTIVIDADE DE VERÁN, SUMANDO 305 PRAZAS Souto fai fincapé en que esta elevada demanda de solicitudes é a demostración do éxito da programación municipal de verán que combina actividades...

km0