ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

Publicador de contidos

null A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN ACORDA A ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO LOCAL DE ACTUACIÓN PARA A VINDEIRA REUNIÓN NO MES DE XUÑO
A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN ACORDA A ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO LOCAL DE ACTUACIÓN PARA A VINDEIRA REUNIÓN NO MES DE XUÑO
  • Presentouse o protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIFÓBICAS nos eventos e espazos festivos elaborado pola Xunta de Galicia, onde o director xeral asumiu o futuro compromiso de achegar este protocolo os locais de ocio nocturno, a fin de que se poidan adherir

Hoxe levouse a cabo a Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero, creada e activa no Concello de Lalín desde novembro de 2008, na que participaron diferentes representantes que traballan directa ou indirectamente coas vítimas de violencia de xénero.

Na Mesa, que é unha ferramenta necesaria no ámbito local para acadar a erradicación da violencia de xénero, están representadas diferentes institucións que teñen actuacións en violencia de xénero como a Garda Civil, Policía Local, Colexio de Avogados, Xulgado de 1ª instancia, Xunta de Galicia, Unidade contra a violencia de xénero, Subdelegación do Goberno, servizo de saúde, servizo de orientación dos IES e CIM e Igualdade do Concello.

Á reunión asistiron a concelleira de Política Social e Igualdade, Carmen Canda; a tenente alcalde, Paz Pérez; o edil de Seguridade, Pablo Areán; Roberto Barba Alvedro, director xeral da Loita contra a violencia de xénero da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia; Mª José Rodríguez Pérez, xefa da Unidade de Violencia contra a muller da Subdelegación do Goberno; Irene García Díaz do servizo EMUME; o tenente do posto da Garda Civil Jorge Cobas Piñeiro; o responsable de VioGén do posto de Lalín, Ramón Silva Donsión; o xefe da Policía Local, Pablo Pérez Asorey; o representante do IES Ramón Aller Ulloa, Luis Fernando Pérez Méndez; a representante do CIS, Ana Herminia Ruíz Vázquez, e a axente de Igualdade municipal, Mª Jesus Payo Negro; Inés Dominguez Varela, axente de Igualdade da Subdelegación do Goberno e a directora do CIM, Mª Teresa Rocha Blanco.


 

A orde do día foi a análise dos seguintes puntos:

1. Análise das actuacións nos diferentes departamentos representados en canto ao tratamento da violencia de xénero e atención ás vítimas.

2. Presentación do protocolo de actuación contras violencias sexuais e LGTBIFóbicas nos espazos festivos e o programa de garda psicolóxica para atención ás 24h.

3. Posta en común de actuacións na mesa de coordinación policial.


 

A xefa da unidade da Subdelegación presentou o informe da situación actual en canto a casos de violencia de xénero, facendo referencia a 47 casos activos na provincia de Pontevedra, así como o compromiso anual da formación no ámbito educativo por parte da Subdelegación co Plan Director.

Desde o CIM analizáronse as consultas da asistencia social integral á vítimas no ano 2024, recollendo un total de 238 consultas, que engloba tramitación de prestacións periódicas, servizo de teleasistencia ATENPRO e asesoramento xurídico e psicolóxico, dato que supón un 28% máis de consultas que no período 2023.

Presentouse o protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIFÓBICAS nos eventos e espazos festivos elaborado pola Xunta de Galicia, onde o director xeral asumiu o futuro compromiso de achegar este protocolo os locais de ocio nocturno, a fin de que se poidan adherir.

Por último acordouse, por parte dos representantes, a elaboración e posta en marcha dun protocolo local de coordinación e actuación fronte a violencia de xénero para a próxima convocatoria da Mesa no mes de xuño .


 

km0