ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null TELÉFÓNICA SITÚA A LALÍN COMO “CASO DE ÉXITO” A NIVEL NACIONAL NO EIDO DAS SOLUCIÓNS DE SEGURIDADE INFORMÁTICA E NA IMPLEMENTACIÓN DE SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS NA XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN
TELÉFÓNICA SITÚA A LALÍN COMO “CASO DE ÉXITO” A NIVEL NACIONAL NO EIDO DAS SOLUCIÓNS DE SEGURIDADE INFORMÁTICA E NA IMPLEMENTACIÓN DE SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS NA XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN
  • Di na web da multinacional que “la migración a la nube y la modernización de la infraestructura, red, switching y firewall, entre otros, fue un gran reto logrado gracias al trabajo conjunto de 18 empresas especializadas, entre ellas Govertis, parte de Telefónica Tech, que desempeñó un papel clave como partner tecnológico”.

  • É “unha satisfacción”, indica a concelleira Raquel Lorenzo, que Telefónica Tech, e Govertis, punteiras nas telecomunicacións e o mundo da seguridade e a información se sume “aos recoñecementos que outras empresas punteiras están a realizar con Lalín”. Se agora é Telefónica a que nos cita como “Caso de Éxito” español, fai un par de anos era Vodafone España a que nos incorporaba ao seu Observatorio Vodafone.

  • A cita de Telefónica un indicativo de que “no Concello de Lalín se están facendo moi ben as cousas e se está entre os concellos de España punteiros nas novas tecnoloxías” e demostran que “o goberno municipal tenta ofrecerlle aos veciños as mellores solucións tecnolóxicas para prestar os mellores servizos”, indica Lorenzo.

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, agradece á multinacional tecnolóxica Telefónica Tech, filial de Telefónica, por destacar o traballo do Concello de Lalín no eido da seguridade informática, a repotenciación de postos de traballo, a conectividade e a implementación de solucións tecnolóxicas punteiras como “caso de éxito a nivel nacional”, como recolle nunha reportaxe que esta firma punteira no eido tecnolóxico na súa páxina web https://telefonicatech.com/casosdeexito/ayuntamiento-de-lalin .

Na mención como “Caso de Éxito” a nivel nacional, a web da tecnolóxica indica que “La migración a la nube y la modernización de la infraestructura, red, switching y firewall, entre otros, fue un gran reto logrado gracias al trabajo conjunto de 18 empresas especializadas, entre ellas Govertis, parte de Telefónica Tech, que desempeñó un papel clave como partner tecnológico. La colaboración, el esfuerzo compartido y el enfoque en la excelencia fueron esenciales para que este proceso fuera un éxito”. E tamén subliña a colaboración entre administracións para indicar que “AMTEGA proporcionó auditorías, herramientas y soporte técnico para corregir vulnerabilidades (redes, firewalls, servidores, intrusión, phishing). Además, el personal municipal se involucró al 100% en formaciones y pruebas de phishing”.

AVANCES TECNOLÓXICOS IMPLEMENTADOS

Na definición no caso de éxito do Concello de Lalín, destácase que os avances tecnolóxico implementados “no solo permiten cumplir con las normativas vigentes, sino que son fundamentales para garantizar la seguridad de los datos sensibles y la continuidad de los servicios municipales. Adoptar estas prácticas mejoró la resiliencia digital del Ayuntamiento, asegurando un entorno más seguro y confiable para los ciudadanos y la gestión de servicios públicos”.

Para Lorenzo, é “unha satisfacción” que Telefónica Tech, e Govertis, punteiras nas telecomunicacións e o mundo da seguridade e a información se sume “aos recoñecementos que outras empresas punteiras están a realizar con Lalín”. Se agora é Telefóncia a que nos cita como “Caso de Éxito” español, fai un par de anos era Vodafone España a que nos incorporaba ao seu Observatorio Vodafone como exemplo de como se poden implementar solucións tecnolóxicas modernas en concellos de tamaño medio, ou a galega CINFO que utilizou o Concello de Lalín e as súas instalacións e departamentos como banco de probar para solucións tecnolóxicas de VOD, retransmisións en directo, etc que agora están implementadas en máis Concellos galegos, cando en Lalín levan tres ou catro anos xa funcionando.

INDICATIVO DE QUE SE FAN MOI BEN AS COUSAS”

É un indicativo de que “no Concello de Lalín se están facendo moi ben as cousas e se está entre os concellos de España punteiros nas novas tecnoloxías” e demostran que “o goberno municipal tenta ofrecerlle aos veciños as mellores solucións tecnolóxicas para prestar os mellores servizos”, indica á concelleira.

Lorenzo destaca que o traballo coordinado entre os técnicos do Concello, aínda sendo un departamento limitado en recursos humanos, e as empresas tecnolóxicas está a permitir que “se poidan dispor de recursos xestionados con empresas ou con outras administracións que son propios de organizacións e Concellos moito máis grande”. Situación que se consigue grazas á implicacións de técnicos como “Alberto Viz e Carlos Vence que están a xestionar os diversos sistemas de plans informáticos”.

A edil puntualiza que “estes recoñecementos non fan máis que animarnos a seguir traballando e a buscar as mellores e máis acaídas solucións no eido da seguridade, a informática, a conectividade e a oferta de servizo aos veciños”.

Documentos

Publicador de contidos

null O XX NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: VIOLENCIAS - REDES SOCIAIS - CONSENTIMENTO - COEDUCACIÓN TERÁ LUGAR DO 8 A 11 DE XULLO
O XX NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: VIOLENCIAS - REDES SOCIAIS - CONSENTIMENTO - COEDUCACIÓN TERÁ LUGAR DO 8 A 11 DE XULLO

Este curso está coorganizado polo Instituto de Ciencias da Educación da USC e pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e cofinanciado polo Concello de Lalín 

A matrícula está aberta ata o 27 de xuño

Neste curso, abordaranse contidos relacionados cos seguintes tópicos: violencias, redes sociais, consentimento e coeducación cos seguintes obxectivos:

  • Debater sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero.
  • Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.
  • Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.
  • Incrementar a conciencia sobre as diferentes formas e expresións de violencias machistas na sociedade e coñecer os recursos e medios para previlas e combatelas.
  • Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.

En definitiva, este curso fomenta o intercambio de experiencias entre profesionais, promovendo a igualdade de oportunidades e cuestionando roles e estereotipos de xénero. Ademais, procurará sensibilizar sobre as violencias machistas, ofrecer ferramentas para combatelas e fortalecer o papel activo do profesorado na construción dunha sociedade máis xusta. A análise de boas prácticas educativas e a reflexión son claves para promover cambios reais. Todo isto orientado a transformar mentalidades, actitudes e prácticas que favorezan a equidade no ámbito educativo e social.

O curso conta co apoio do Ministerio de Igualdad; Xunta de Galicia; FEGAMP; Deputación de Pontevedra; CSIF; EXDEHU ; CIM e DIM.

 

Datas de celebración: martes 8, mércores 9, xoves 10 e venres 11 de xullo de 2025

Dirección: Milena Villar Varela. Instituto de Ciencias da Educación. ICE - USC e Susi Payo Negro. Oficina de Igualdade do Concello de Lalín

Secretaría: Mª del Mar Sanjuán Roca. Instituto de Ciencias da Educación. ICE - USC e Celso Taboada Lorenzo. Oficina de Igualdade do Concello de Lalín

Lugar de celebración: Edificio Sociocultural na Rúa Manuel Rivero de Lalín - 36500  Lalín (Pontevedra)

Nº de horas lectivas: 30 h.

Límite de alumnado:  110 (aforo do Salón de Actos do Edificio Sociocultural)

Web propia: www.lalin.gal/igualdade

Matrícula: ata o 27 de xuño

2 créditos ECTS

Este curso está coorganizado polo Instituto de Ciencias da Educación da USC e pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e cofinanciado polo Concello de Lalín.

km0