ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

“DOA SANGUE, O MELLOR AGASALLO” CHEGA A LALÍN O PRÓXIMO VENRES 12 DE DECEMBRO




A nova campaña de doazón de sangue desenvólvese en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 h





A concelleira de Sanidade anima á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a...

O CIM SUPERA AS 600 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO E REFORZA A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO



Este servizo municipal dependente da Concellería da Muller tramitou 16 altas de teleasistencia Atenpro, realizou dúas convocatorias do curso de defensa persoal e desenvolveu dúas convocatorias...

Publicador de contidos

null O CIM SUPERA AS 600 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO E REFORZA A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O CIM SUPERA AS 600 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO E REFORZA A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
  • Este servizo municipal dependente da Concellería da Muller tramitou 16 altas de teleasistencia Atenpro, realizou dúas convocatorias do curso de defensa persoal e desenvolveu dúas convocatorias da Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero

O CIM, servizo municipal dependente da Concellería da Muller a cargo de Carmen Canda Larroy, é un servizo especializado de atención á mulleres en situación de vulnerabilidade, activo desde agosto de 2002 e conveniado na prestación de servizos cos concellos de Agolada e Rodeiro desde o 2014.

Este servizo ofrece, de xeito permanente, os recursos desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres en situación de vulnerabilidade, en horario de luns a venres de 8:00h a 15:00h, atendido por dúas técnicas, unha asesora xurídica e unha psicóloga, e que proporciona:

-Prioridade na intervención e atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.

- Asesoramento xurídico

- Atención psicolóxica

- Información sobre os recursos dispoñibles na Comunidade Autónoma.

A estatística das CONSULTAS desde principio de ano foron as seguintes:

TIPO DE CONSULTAS

Atención a vítimas de violencia de xénero

200

Asesoramento xurídico

192

Atención psicolóxica

177

Información de recursos, outro tipo de consultas

67

TOTAL

636


 

Nas consultas de atención á vítimas de violencia tramitáronse 16 altas de teleasistencia Atenpro, recurso de atención e protección da Cruz Roja, ao mesmo tempo, na intervención destas consultas mantense a coordinación co punto de seguimento ás vítimas do posto da Garda Civil de Lalín.

Dentro do marco das funcións encamiñadas ás actividades o CIM levouse a cabo:


 

  • dúas convocatorias do curso de defensa persoal, dirixido a mulleres adultas e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade en colaboración coa Fegamp, incluído dentro das actividades ofertadas á entidades locais que forman parte da rede galega de concellos contra a violencia de xénero unha en xaneiro e outra en outubro

  • por outra parte tamén mantivo as dúas convocatorias da Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero nos meses de xaneiro e outubro, ferramenta de coordinación na que participan diferentes profesionais implicados na atención a vítimas, de distintos departamentos como Policía Local, Xulgado, Colexio de Avogados, Garda Civil, IES, Subdelegación do Goberno e Dirección Xeral da Loita contra a violencia de xénero da Xunta.


 


 

Pé de foto: A concelleira de Muller e responsable do CIM, Carmen Canda, coa directora do CIM, Teresa Rocha

km0