ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

“DOA SANGUE, O MELLOR AGASALLO” CHEGA A LALÍN O PRÓXIMO VENRES 12 DE DECEMBRO




A nova campaña de doazón de sangue desenvólvese en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 h





A concelleira de Sanidade anima á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a...

O CIM SUPERA AS 600 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO E REFORZA A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO



Este servizo municipal dependente da Concellería da Muller tramitou 16 altas de teleasistencia Atenpro, realizou dúas convocatorias do curso de defensa persoal e desenvolveu dúas convocatorias...

Publicador de contidos

null CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO
CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO
  • O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza
  • O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a particulares e empresas afectados por demoras administrativas
  • A compañía comprométese a facer unha análise exhaustiva na rede de distribución na zona de Vilatuxe onde se produciron os cortes de suministro puntuais en outubro.

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado dos concelleiros de Urbanismo, Pablo Areán, e de Obras, José Cuñarro, así como do aparellador municipal Hervé Fernández, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con Marisa Álvarez Rodríguez, delegada provincial de UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, e con Vicente González Neira, xefe de operacións de Pontevedra da compañía, para analizar diferentes cuestións relacionadas co abastecemento eléctrico no municipio.

Durante o encontro, o rexedor solicitou aos responsables da compañía a axilización das conexións eléctricas necesarias para o funcionamento dos sistemas de bombeo e depuración de seis zonas lalinenses que aínda carecen de enerxía: Fondo da Xesta, Ateán e Fontao (Botos), Agruchave, Donramiro, Barciela e A Torre (Vilatuxe), e Maceira. Subliñou que “a posta en marcha destes saneamentos depende exclusivamente destas conexións, imprescindibles para garantir o servizo público e ambiental”. Nese sentido, a distribuidora eléctrica salientou que executará os traballos en canto dispoña de todos os permisos e autorizacións pendentes das Administracións implicadas.

Na mesa liña, no referido aos usuarios particulares e ás empresas, o alcalde trasladou á delegación provincial de UFD a preocupación polos prazos actuais de dotación eléctrica, que en moitos casos sofren importantes atrasos. A compañía lembra que os prazos de conexión dependen dos permisos e autorizacións das distintas Administracións. Neste senso, o alcalde fixo un chamamento a axilizar estes trámites “para evitar prexuízos a familias e emprendedores, sobre todo no rural”.

Crespo tamén reclamou a pronta activación do subministro eléctrico do Local Social de Carragoso-Trigueiriza, unha instalación municipal xa rematada pero que segue sen poder entrar en funcionamento pola falta de conexión enerxética. Sobre este tema, a compañía comprometeuse a axilizar ó máximo os trámites para conectar o local social.

Así mesmo, Crespo volveu expoñer a problemática dos cortes de subministro detectados na parroquia de Vilatuxe e na súa contorna. A empresa lembrou que en Vilatuxe cúmprense os límites de calidade do subministro eléctrico establecidos pola lexislación sectorial. Non obstante, UFD comprométese a realizar unha análise exhaustiva da rede de distribución na zona onde se produciron as reclamacións.

 

 

km0