ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CONCELLO ABRE O 17 DE DECEMBRO A INSCRICIÓN DA ACTIVIDADE DE MUSICOTERAPIA PARA MAIORES DE 60 ANOS PARA O CURSO 2025-2026


Carmen Canda remarca a importancia de fomentar os hábitos saudables e o envellecemento activo


 


As persoas que desexen asistir deberán recoller a solicitude na recepción do Concello de...

A EXPOSICIÓN PERMANENTE DEDICADA A LAXEIRO XA ESTÁ DE NOVO HABILITADA NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, informa que “estes días quedou de novo habilitada a exposición permanente de Laxeiro no Museo Municipal Ramón Mª Aller, tras a finalización da Bienal...

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...

Publicador de contidos

null A EXPOSICIÓN PERMANENTE DEDICADA A LAXEIRO XA ESTÁ DE NOVO HABILITADA NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER
A EXPOSICIÓN PERMANENTE DEDICADA A LAXEIRO XA ESTÁ DE NOVO HABILITADA NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, informa que “estes días quedou de novo habilitada a exposición permanente de Laxeiro no Museo Municipal Ramón Mª Aller, tras a finalización da Bienal <Paisaxes e sombras> que ocupaba o conxunto do edificio museístico

”.

Esta exposición permanente de Laxeiro está formada polos 37 cadros que o Fillo Predilecto de Lalín, José Otero Abeledo “Laxeiro”, doou ao Concello de Lalín e que van desde a súa etapa inicial nos comezos de 1930 (retratos e debuxos sobre temas populares e fantasiosos) ata obras de madurez e representativas do seu estilo identitario e característicos de finais de 1960.

Tamén entre as obras que conforman esta mostra permanente atópase un dos primeiros cadros do artista lalinense (óleo/tea), realizado no ano 1931, titulado “A República”, encargado polo alcalde Ferreiro para presidir o Salón de Plenos. En canto ás técnicas hai carbón sobre papel, sanguina, óleos, tinta sobre papel ou óleo sobre lenzo.

Ademais forman parte da permanente vitrinas con materiais doados pola familia Vidal Costa, fillos de Enrique Vidal Abascal, Fillo Adoptivo de Lalín. O conxunto inclúe obxectos persoais e unha selección de periódicos antigos conservados por Vidal Abascal, tanto de artigos da súa autoría como de textos sobre os seus amigos Aller e Laxeiro, cos que mantivo unha fonda amizade.

 

km0