ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

Publicador de contidos

null INAUGUROUSE O EDIFICIO POLIVALENTE DO MANUEL RIVERO CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS
INAUGUROUSE O EDIFICIO POLIVALENTE DO MANUEL RIVERO CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Tras o acto inaugural tamén se celebrou unha reunión informativa cos pedáneos sobre a Axenda Urbana

 

Onte celebrouse unha xornada de portas abertas na que a veciñanza puido  coñecer de primeira man o edificio polivalente da rúa Manuel Rivero. Un edificio polivante que tamén foi inaugurado na tarde de onte e que está chamado a ser un polo de atracción de eventos e de xeración de moita actividade porque ten unha situación perfecta e aparcamento cómodo.

 

Tras a inauguración, tivo xa unha reunión informativa cos pedáneos sobre a proposta de reparto de áreas parroquiais contempladas na Axenda Urbana. Ademais, o servizo Concilia en Semana Santa prestarase neste edificio polivalente que pouco a pouco se irá dotando de actividade e que vai contribuír a revitalizar toda a parte alta da vila.

 

No acto participaron o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada; a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua; a tenente alcalde e responsable da DUSI, Paz Pérez e a arquitecta autora do proxecto, Marlene Donsión.

 

km0