ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null JORGE MIRA OFRECE ESTE VENRES UNHA CONFERENCIA SOBRE “CONTAMINACIÓN POR GAS RADÓN: RISCOS E SOLUCIÓNS” NO II CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE
JORGE MIRA OFRECE ESTE VENRES UNHA CONFERENCIA SOBRE “CONTAMINACIÓN POR GAS RADÓN: RISCOS E SOLUCIÓNS” NO II CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE SAÚDE

De entrada libre, esta charla divulgativa desenvolverase o 16 de maio, ás 20.30 horas no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero

  • Este programa de conferencias é promovido por segundo ano polo goberno a través da Concellería de Sanidade e tivo desde a súa primeira edición unha excelente acollida pola veciñanza que se mantén

  • Anímase á veciñanza a participar nesta charla por tratarse dunha cuestión que ten unha alta incidencia sobre a nosa saúde

 

O catedrático do departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira Pérez, ofrecerá unha conferencia sobre o gas radón o vindeiro venres, 16 de maio, no marco do II Ciclo de Conferencias sobre Saúde “COIDA(te). ESCOITA (te)” que promove o goberno lalinense a través da Concellería de Sanidade e Hábitos Saudables. Será ás 20.30 horas no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero.

Na súa charla que levará por título “Contaminacións por gas radón: riscos e solucións”, Mira falará dos riscos derivados da exposición a este gas, botando unha ollada á normativa sobre este axente contaminante en espazos de traballo. Tamén exporá as diferentes solucións de redución e mitigación dispoñibles. Entre elas, irá ofrecendo desde solucións de fácil implementación e baixo custo para reducir os niveis de radón, de interese ante valores moderados, ata outras aplicables a casos de valores máis elevados, nos que se debe recorrer á obra civil.

A traxectoria de Jorge Mira destaca pola enorme variedade de áreas que abordou: ciencia de materiais (con traballos co Premio Nobel John Goodenough), dinámica de sistemas sociais, varias áreas de medicina, xeografía e enxeñarías eléctrica, química e civil. No caso concreto da enxeñaría civil, foi cofundador da empresa de base tecnolóxica Ventilatio Lab, dedicada ao control do estudo da calidade do aire en espazos confinados.

Foi recoñecido, entre outros, coa Medalla Galicia de Investigación 2022 “pola orixinalidade e calidade da súa traxectoria científica, con notables contribucións e cun gran abano de disciplinas.

Foi director do departamento de Física Aplicada da USC, asesor do Ministerio de Educación e Ciencia para a creación do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía (INL), membro do comité de expertos do Goberno galego sobre a Covid-19 e membro da comisión de expertos do Goberno de España para a reforma da hora oficial.

É tamén activo comunicador científico en televisión, radio e prensa escrita, escribindo libros ou liderando diversas actividades como o Programa Conciencia, desenvolvido coa participación de Premios Nobel. Foi recoñecido, entre outros, co premio da Confederación de Sociedade Científicas de España á difusión da ciencia en 2023.

A conferencia de Jorge Mira será a cuarta deste ciclo de conferencias, na que participaron o Dr. Ángel Carracedo, a doutora Maruxa Zapata e a neurocirurxiá Dolores Varela, e agora o catedrático de Física Aplicada da USC, Jorge Mira. Queda pendente de realización a conferencia da doutora Ángela Torres Iglesias, psiquiatra do Servizo de Psiquiatría (CHUS-Sergas), profesora titular de Psiquiatría e vicedecana da Facultade de Medicina e Odontoloxía da US. A charla desenvolverase tras o verán e anunciarase cando se concrete a data.

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...
km0