ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null O CONCELLO DE LALÍN CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS CUNHA APERTURA EXTRAORDINARIA DO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN MARÍA ALLER O DOMINGO 18 E CON ACTIVIDADES PARTICIPATIVAS PARA TODOS OS PÚBLICOS
O CONCELLO DE LALÍN CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS CUNHA APERTURA EXTRAORDINARIA DO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN MARÍA ALLER O DOMINGO 18 E CON ACTIVIDADES PARTICIPATIVAS PARA TODOS OS PÚBLICOS
  • Continuando a súa traxectoria como referente na promoción da arte, a cultura, o coñecemento científico e a identidade local, o Museo de Lalín participa nesta iniciativa internacional promovida polo ICOM, ofrecendo unha xornada gratuíta e sen necesidade de inscrición previa

  • Convídase á veciñanza a participar nesta celebración global, descubrindo e recoñecendo o papel dos Museos na construción dun construción dun futuro máis creativo e sostible

  • As persoas visitantes poderán participar nunha visita guiada especial o domingo, en horario de 17:00 a 19:00 horas, polas coleccións permanentes do Museo e pola exposición da artista Elhaba Carballo de Dios, ademais de participar nun xogo interactivo de preguntas e respostas onde se poñerán a proba os coñecementos sobre o Museo, a historia local e a ciencia dun xeito lúdico e colaborativo

O Concello de Lalín súmase o vindeiro domingo, 18 de maio, á celebración do Día Internacional dos Museos 2025, cunha xornada de apertura extraordinaria do Museo Municipal Ramón María Aller, de 17:00 a 19:00 horas, cunha gran carga de contido cultural, participativo e educativo, pensada para todos os públicos, tal como explica a concelleira de Cultura, Begoña Blanco.

Baixo o lema «O futuro dos museos en comunidades en constante cambio», esta efeméride convida a reflexionar sobre o papel dos museos como espazos de transformación social, innovación e cohesión comunitaria. O Museo de Lalín, continuando a súa traxectoria como referente na promoción da arte, a cultura, o coñecemento científico e a identidade local, participa nesta iniciativa internacional ofrecendo unha xornada gratuíta e sen necesidade de inscrición previa, sinala Blanco.

Así, durante o domingo 18 de maio, as persoas visitantes poderán participar nunha visita guiada especial polas coleccións permanentes, afondando na figura do ilustre astrónomo e matemático Ramón María Aller Ulloa, así como na importancia do museo como espazo dinamizador da vida cultural da Comarca. Ademais gozarán dos últimos días da exposición da artista Ehlaba Carballo de Dios.

Como novidade, o público poderá participar nun xogo interactivo de preguntas e respostas mediante a aplicación Kahoot!, onde se poñerán a proba os coñecementos sobre o Museo, a historia local e a ciencia de maneira lúdica e colaborativa.

Desde a Concellería de Cultura e desde o Museo Ramón María Aller convídase á veciñanza a participar nesta celebración global, descubrindo e recoñecendo o papel dos museos na construción dun futuro máis creativo e sostible.

O Día Internacional dos Museos é promovido dende o Consello Internacional de Museos (ICOM) dende o 1977, para destacar o crucial papel dos espazos museísticos na vida da poboación, do seu desenvolvemento persoal, así como o enriquecemento cultural. A actividade está rexistrada na web do ICOM, xunto con todas as museísticas que festexan esta efeméride.

A celebración do Día Internacional dos Museos tamén serve para lembrar a importancia destas institucións na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, nomeadamente os ODS 8 (traballo decente e crecemento económico), o 9 (industria, innovación e infraestrutura) e o 11 (cidades e comunidades sostibles).

 

Publicador de contidos

O CONCELLO ABRE O 17 DE DECEMBRO A INSCRICIÓN DA ACTIVIDADE DE MUSICOTERAPIA PARA MAIORES DE 60 ANOS PARA O CURSO 2025-2026


Carmen Canda remarca a importancia de fomentar os hábitos saudables e o envellecemento activo


 


As persoas que desexen asistir deberán recoller a solicitude na recepción do Concello de...

A EXPOSICIÓN PERMANENTE DEDICADA A LAXEIRO XA ESTÁ DE NOVO HABILITADA NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, informa que “estes días quedou de novo habilitada a exposición permanente de Laxeiro no Museo Municipal Ramón Mª Aller, tras a finalización da Bienal...

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...
km0