ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null O GOBERNO DOTA AO COLEXIO DE CERCIO DUN PORTAL ELÉCTRICO NO PAVILLÓN, COMPLETA A DOTACIÓN DE TARIMA ANTIDESLIZANTE NAS AULAS E ADECÚA UN BAÑO PARA ALMACÉN DE INFANTIL
O GOBERNO DOTA AO COLEXIO DE CERCIO DUN PORTAL ELÉCTRICO NO PAVILLÓN, COMPLETA A DOTACIÓN DE TARIMA ANTIDESLIZANTE NAS AULAS E ADECÚA UN BAÑO PARA ALMACÉN DE INFANTIL
  • A concelleira de Educación visita estas importantes melloras que se veñen de concluír no CEIP “Varela Buxán” que se suman as acometidas o pasado ano consistentes na cubrición do patio exterior e na construción dunha entrada lateral directa ao patio de xogo exterior

A concelleira de Educación, Begoña Blanco, visitou esta semana o CEIP “Varela Buxán” de Cercio para comprobar a evolución dos traballos que se executaron como melloras neste colexio do rural e que van redundar nunha mellora da calidade dos servizos para o conxunto da comunidade educativa e nunha maior comodidade no funcionamento do centro.

Uns traballos que consistiron na substitución do portal vello do pavillón por un portal completamente novo eléctrico; en botar unha capa de formigón á entrada do pavillón; na colocación de tarima antideslizante no comedor e tamén de tarima vinícola en cinco das aulas que que quedaban, de tal xeito que o solo do colexio queda completamente cuberto de tarima agás nos corredores. Así mesmo estas actuacións de mellora completáronse coa conversión dun baño en almacén de materiais de Infantil, explica Blanco, que incide en que todas elas foron consensuadas coa dirección do centro e coa Anpa.

A responsable local de Educación fai fincapé “no importante investimento realizado neste centro pois a estas melloras hai que lle engadir os traballos que realizamos o pasado ano de cubrición do patio do colexio e a construción dunha entrada lateral para acceso directo ao patio de xogo exterior”.

Por último avanza que “continuamos desenvolvendo actuacións de mantemento e mellora nos centros educativos ao longo de todo o ano, estando en contacto continuo con eles para atender ás súas necesidades”. Neste sentido anuncia que ao remate deste curso e antes de que comece o vindeiro, farase unha reunión coas direccións dos centros para ver as necesidades e as peticións que teñen de cara ao curso académico 2025-26.


 

Publicador de contidos

O CONCELLO ABRE O 17 DE DECEMBRO A INSCRICIÓN DA ACTIVIDADE DE MUSICOTERAPIA PARA MAIORES DE 60 ANOS PARA O CURSO 2025-2026


Carmen Canda remarca a importancia de fomentar os hábitos saudables e o envellecemento activo


 


As persoas que desexen asistir deberán recoller a solicitude na recepción do Concello de...

A EXPOSICIÓN PERMANENTE DEDICADA A LAXEIRO XA ESTÁ DE NOVO HABILITADA NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, informa que “estes días quedou de novo habilitada a exposición permanente de Laxeiro no Museo Municipal Ramón Mª Aller, tras a finalización da Bienal...

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...
km0