ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null A BIBLIOTECA MUNICIPAL “VARELA JÁCOME” ABRIRÁ DO 31 DE MAIO AO 15 DE XUÑO DE XEITO ININTERROMPIDO DE 9 DA MAÑÁ A 9 DA NOITE TODOS OS DÍAS
A BIBLIOTECA MUNICIPAL “VARELA JÁCOME” ABRIRÁ DO 31 DE MAIO AO 15 DE XUÑO DE XEITO ININTERROMPIDO DE 9 DA MAÑÁ A 9 DA NOITE TODOS OS DÍAS

Co ánimo de facilitarlle o estudo ao alumnado nestas datas finais de curso e de probas PAU e tamén ás persoas opositoras a súa preparación para próximos procesos selectivos

 

  • O goberno adopta esta decisión a través das Concellerías de Facenda e Réxime Interno e de Cultura dando así resposta afirmativa ás solicitudes da veciñanza que acode regularmente a estas instalacións, ben por estar estudando ou preparando oposicións

 

  • Esta ampliación temporal e extraordinaria de horario é posible grazas á incorporación de novos traballadores municipais, o que permite reforzar no verán determinados servizos que por determinadas circunstancias se consideran básicos

 

  • Avanza o goberno a intención de tratar de tentar en vindeiros anos continuar co desenvolvemento desta iniciativa, tendo en conta que é un período de aprox. un mes onde tanto o alumnado como os opositores adican maior número de horas ao estudo

 

O goberno vén de decidir ampliar de forma excepcional o horario da “Biblioteca Municipal Varela Jácome”, dando así resposta afirmativa ás solicitudes da veciñanza que acode regularmente á biblioteca, ben por estar estudando ou preparando oposicións.

Deste xeito, desde o 31 de maio e ata o 15 de xuño, ambos os dous días inclusive, a Biblioteca Municipal permanecerá aberta de 9 horas da mañá a 21 horas da noite de forma ininterrompida de luns a domingo para facilitarlles o estudo ao alumnado nestas datas finais de curso e de celebración das probas PAU, así como a preparación ás persoas opositoras que se enfrontan a distintos procesos selectivos de distintas administracións en próximas datas.

Só servizo bibliotecario para estudantes e opositores

Así a Biblioteca pasa, durante as tres vindeiras fins de semana a ter o mesmo horario que durante a semana (de 9 a 21 horas), pero cómpre facer fincapé en que tanto os sábados pola tarde comprendidos neste período (é dicir, o 31 de maio, 7 e 14 de xuño) como os domingos durante todo o día (1 de xuño, 8 e 15 de xuño) unicamente se abrirá a Biblioteca para estudantes e opositores, é dicir, non se fará uso de préstamos ou de devolucións, senón que exclusivamente se abrirá para facilitarlles o estudo ao alumnado e ás persoas que se estean preparando para participar nun proceso selectivo. A partir do 15 de xuño a Biblioteca terá horario de verán do que se proximamente se informará.

Esta ampliación temporal e extraordinaria de horario responde a unha decisión de goberno adoptada a través da Concellería de Facenda e Réxime Interno e da Concellería de Cultura que é posible grazas á incorporación de novos traballadores municipais a través da bolsa activa de conserxes, que permite o reforzo en verán de determinados servizos que se consideran esenciais por determinadas circunstancias.

Así mesmo desde o goberno avánzase a intención de intentar en vindeiros anos continuar co desenvolvemento desta iniciativa -este é o segundo ano que se desenvolve de xeito consecutivo-, tendo en conta que é un período de aprox. un mes onde tanto o alumnado como os opositores adican maior número de horas ao estudo.

 

Publicador de contidos

O CONCELLO ABRE O 17 DE DECEMBRO A INSCRICIÓN DA ACTIVIDADE DE MUSICOTERAPIA PARA MAIORES DE 60 ANOS PARA O CURSO 2025-2026


Carmen Canda remarca a importancia de fomentar os hábitos saudables e o envellecemento activo


 


As persoas que desexen asistir deberán recoller a solicitude na recepción do Concello de...

A EXPOSICIÓN PERMANENTE DEDICADA A LAXEIRO XA ESTÁ DE NOVO HABILITADA NO MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, informa que “estes días quedou de novo habilitada a exposición permanente de Laxeiro no Museo Municipal Ramón Mª Aller, tras a finalización da Bienal...

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...
km0