ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null LALÍN INAUGURA AS ALDEAS DE NADAL 2025-2026
LALÍN INAUGURA AS ALDEAS DE NADAL 2025-2026
  • A incesante chuvia non impediu unha apertura marcada pola iluminación, a música infantil, unha tirada de fogos artificiais e, sobre todo, pola ilusión dos nenos

Lalín abriu onte oficialmente as súas Aldeas de Nadal cun acto na Praza da Igrexa, onde a intensa chuvia non foi quen de restar emoción. Pequenos e maiores reuníronse arredor das casiñas para vivir a posta en marcha da sétima edición deste modelo diferenciador e sostible, xa convertido nun referente en Galicia polo seu carácter familiar, a súa estética acolledora e a capacidade de sorprender ano tras ano.

A inauguración incluíu a intervención dun coro infantil de Musicalín, que interpretou unha panxoliña ante o público, ademais dunha proxección audiovisual temática sobre a fachada da igrexa das Dores. A tirada de fogos artificiais, que iluminou o ceo entre a chuvia, foi un dos momentos máis agardados do acto.

Karen Fernández, concelleira de Aldeas de Nadal en Lalín, abriu as intervencións agradecendo o traballo realizado durante todo o ano polo equipo organizador e polos compañeiros da Corporación. Tamén destacou a importancia da colaboración colectiva para facer posible esta iniciativa, que xa é un referente en Galicia.

Durante o evento, o alcalde de Lalín, José Crespo, destacou o valor diferencial das Aldeas de Nadal como elemento dinamizador das festas e como espazo que permite recuperar a ilusión da infancia e aludiu ao binomio Aldeas-Cocido.

Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, puxo en valor o crecemento continuo das Aldeas de Nadal e o seu potencial para atraer visitantes ao municipio, reforzando a marca turística de Lalín mediante unha proposta que combina tradición, creatividade e participación comunitaria.

O programa completarase ata o 6 de xaneiro cun programa completo de actividades para as familias, visitas guiadas, a posta en marcha do tren turístico e novos espectáculos de luz e animación infantil, mercado artesán, ademais de con diversas sorpresas que se irán desvelando en próximos días.

O Concello anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse para gozar dunha experiencia única que xa forma parte da identidade da nosa identidade de Nadal.

Publicador de contidos

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

“DOA SANGUE, O MELLOR AGASALLO” CHEGA A LALÍN O PRÓXIMO VENRES 12 DE DECEMBRO




A nova campaña de doazón de sangue desenvólvese en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 h





A concelleira de Sanidade anima á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a...

O CIM SUPERA AS 600 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO E REFORZA A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO



Este servizo municipal dependente da Concellería da Muller tramitou 16 altas de teleasistencia Atenpro, realizou dúas convocatorias do curso de defensa persoal e desenvolveu dúas convocatorias...
km0