ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

null AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN
AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

A concelleira de Aldeas de Nadal fai unha valoración positiva desta primeira fin de semana de decembro, que se desenvolveu coincidindo coa Ponte da Constitución (do 5 ao 8 de decembro). A avaliación conclúe que a afluencia de visitantes foi satisfactoria, mantendo a tendencia das edicións anteriores e reforzando o posicionamento do municipio como destino galego do Nadal.

Afluencia sostida a pesar das inclemencias climáticas

A análise destaca que, malia as condicións meteorolóxicas adversas —especialmente durante a xornada inaugural do venres 5 de decembro—, a resposta do público foi notable desde o sábado 6 ata o luns 8. Centos de familias con nenos e nenas desprazáronse ata Lalín para gozar da ambientación e da oferta da programación.

Constatouse novamente unha ampla diversidade na procedencia dos asistentes, rexistrándose unha presenza significativa de visitantes de distintos puntos de Galicia, así como de fóra da Comunidade Autónoma.

Datos obxectivos

A afluencia de público traduciuse nun impacto positivo para a actividade económica local, especialmente nos locais da hostalaría e o comercio que optaron por abrir durante a ponte.

Como indicadores obxectivos da mobilidade e da intensidade da visita, achéganse os seguintes datos do período comprendido entre o sábado 6 e o luns 8 de decembro:

• Parking Europa

Rexistrouse un total de 2.111 vehículos en rotación, o que reflicte a alta afluencia de turismos durante estes tres días.

• Tren turístico

Expedíronse máis de 1.700 tickets, sendo un dos complementos das Aldeas preferidos polo público visitante, sobre todo nenas e nenos.

Valoración das novidades e da oferta complementaria

Este ano, a proposta das Aldeas de Nadal incluíu a novidade da instalación de postos gastronómicos e dun mercado de artesáns nas zonas peonís do Km0 e Joaquín Loriga, cunha excelente acollida por parte do público.

Así mesmo, os “Escaparates Máxicos” destacaron por un volume considerable de público que percorreu os locais adornados da vila, fomentando o paseo e a visualización da oferta local. As “fachadas máxicas” dos hostaleiros tiveron tamén o seu apartado específico para unha atractiva ambientación temática na vila.

Outra novidade, os “Free-Tours”, púxose en marcha na xornada do luns, cunha notable participación de visitantes que puideron percorrer con guía as diferentes Aldeas e coñecer máis da historia de Lalín e dos seus personaxes máis ilustres. Estes free-tours turísticos terán continuidade durante varios días da programación da man de Namorate Tours.

Declaración final

A concelleira responsable, Karen Fernández, valorou o balance como “a confirmación de que a aposta polas Aldeas de Nadal é unha ferramenta efectiva para a dinamización económica do municipio nestas datas. Os datos de rotación e os tickets expedidos evidencian unha afluencia de visitantes que benefician directamente á hostalaría e ao comercio local”.

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN


Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia


 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO


O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza



O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...
km0