- Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia
- En representación do Concello de Lalín participou o concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro, e representantes das asociacións lalinenses beneficiarias
Na tarde de onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, na que tomaron parte máis de 700 persoas dos diferentes colectivos e asociacións da provincia. En representación do Concello de Lalín participou o concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro, e representantes das asociacións lalinenses beneficiarias das axudas do Plan de Acción Comunitaria 2025 da Deputación.
Lalín recibe deste Plan de Acción Comunitaria da Deputación un total de 156.969,95 euros en axudas destinadas a 17 asociacións destinadas á compra de equipamentos e mobiliario para os distintos locais sociais parroquiais. A distribución, por asociacións, é a seguinte:
- Asociación de Veciños San Pedro de Erbo – 9.883,68 €- Compra de equipamento
- Asociación de Veciños San Pedro Félix de A Xesta – 10.000,00 €- Compra de equipamento para o centro social
- Asociación Veciñal Sociocultural San Adrián de Madriñán – 10.000,00 € - acondicionamento do palco e local situado baixo o centro social
- Asociación de Veciños Santa Eulalia de Losón – 10.000,00 € - mobiliario e equipamento local social
- Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Bendoiro – 10.000,00 €- Equipamentos
- Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Camposancos – 7.508,05 € - equipamento local social
- Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Cercio – 6.035,47 €- equipamento e mobiliario básico para local social
- Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Prado – 10.000,00 € - compra de máquinas para usar nas clases de ximnasia
- Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos – 10.000,00 € - carpa para ampliar o espazo disponible
- Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade Santo da Pedra – 6.669,92 € - adquisición de mobiliario e de son
- Asociación Cultural e Veciñal Fonte de Lalín de Arriba – 10.000,00 €--- sistema de climatización e mobiliario
- Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Donramiro – 7.052,31 €- equipamento para Asociación de Mulleres Rurais
- Asociación de Veciños Cultural San Estebán de Cadrón – 10.000,00 € - equipamento mobiliario básico, equipo audiovisual e electrodomésticos
- Asociación de Veciños San Xoán de Anzo – 10.000,00 € - equipamento de Asociación de veciños San Xoan de Anzo
- Asociación Veciñal e Cultural San Bartolomeu de Botos – 10.000,00 €- equipamento para a Asociación
- Asociación de Mulleres Rurais de Muimenta – 10.000,00 € - adquisición de mobiliario e equipamento
- Asociación de Veciños Catasós – 9.820,52 €- equipamento
O Plan de Acción Comunitaria é unha convocatoria anual de axudas por parte da Deputación de Pontevedra dirixida principalmente ás asociacións veciñais, asociacións de mulleres e comunidades de augas. En 2024 foron un total de 15 asociacións de Lalín as que recibiron case 141.000 euros no marco desta liña de axudas do goberno provincial.
Pé de foto: O presidente da Deputación coas asociacións de Deza Tabeirós-Terra de Montes beneficiarias do Plan de Acción Comunitaria