ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN

Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia

 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO

O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza

O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

null O CONCELLO PROMOVE A “II FEIRA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E FORMACIÓN PROFESIONAL DE LALÍN” QUE SE CELEBRARÁ O 29 DE ABRIL
O CONCELLO PROMOVE A “II FEIRA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E FORMACIÓN PROFESIONAL DE LALÍN” QUE SE CELEBRARÁ O 29 DE ABRIL

Os centros que desexen asistir deberán facelo con cita concertada enviando un correo electrónico á Concellería de Cultura e Educación ao enderezo a bego.blanco@lalin.gal

A concelleira de Educación e Cultura explica que o obxectivo é presentarlle ao conxunto do alumnado de Lalín, Deza e zona de influencia a oferta formativa da que dispoñen e guialos na elección do seu itinerario formativo

Resalta a boa acollida que tivo a primeira edición e sinala que esta segunda desenvolverase en horario de 9 a 14 e de 17 a 18.30 h no Auditorio

O martes, 29 de abril, o Concello de Lalín desenvolverá a “II Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de Lalín”, co obxectivo de presentarlle ao conxunto do alumnado de Lalín, da Comarca de Deza e da zona de influencia, a oferta formativa da que dispoñen, tanto universitaria como de ciclos formativos de Formación Profesional, etc., a fin de que guialos na elección do seu itinerario formativo e, polo tanto, do seu futuro académico e profesional. Así o avanzou a concelleira de Educación e Cultura, Begoña Blanco, que incide “na boa acollida da iniciativa na súa primeira edición, con carácter experimental, e concreta que esta segunda terá lugar no Auditorio en horario de 9 a 14 de 17 a 18.30 horas”.

Os centros que desexen asistir deberán anotarse enviando un correo electrónico enviando á Concellería de Cultura e Educación a bego.blanco@lalin.gal”, sinala.

Programación de actividades en Lalín en abril

Unha Feira de Orientación que conforma parte da programación de actividades en Lalín para o mes de abril no que tamén se celebran as seguintes iniciativas:

  • Martes 1 de abril: Inauguración do curso de dieta saudable da Uned impartido por Vanessa Taboada. 17.30 horas na Uned. Finaliza o 27 de maio.

  • Venres 4, sábado 5 e domingo 6: Motococido (campo da Feira de Lalín).

  • Sábado 5:

    • Conferencia de saúde da Dra. Dolores Varela Costa co título “Patoloxía dexenerativa de columna cervical e lumbar”. 12 h. Edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero.

    • Acto conmemorativo a Victorino Gutiérrez Aller. 13.30 h. Diante do edificio da Notaría.

    • Monólogo: Isi! Ponte con monadas... do cómico ISI. 19 h. Salón Teatro. Entrada: 5 euros.

  • Xoves 10:

    • Monólogo “Eso no es sexo” de Marina Marroquí. 20 h. Salón Teatro. Gratuíto. Actividade organizada pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e financiada polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

  • Venres 11: Audición clarinetes do CMUS Profesional de Lalín. 18 h. Salón Teatro.

  • Sábado 12:

    • II Serán de Gresande. 17.30 h no campo da festa.

    • Monólogo “Parasimpáticas” de Lucía Veiga e Marita Martínez. 19 h. Salón Teatro. Entrada: 5 euros.

  • Sábado 12 e domingo 13: XXXV Feira do Cabalo. No mercado de gando.

  • Sábado 19 e domingo 20: IV Open de Petanca Internacional.

  • Mércores 23: Presentación do disco “De Través” de Fernando Raña Barreiro para frauta traveseira. 18 h no Salón Teatro.

  • Venres 25: Teatro #Influencers de Negro López. 21 h no Salón Teatro. Entradas: 5 euros.

  • Sábado 26:

    • Obradoiro de pandeiro afinable. 16 h no Edificio Sociocultural. Sempre que se xunte un grupo mínimo de 10 persoas. Custo: 169 euros.

    • Festival de Bandas Infantís e Xuvenís da Banda de Lalín. 18 h. Sala Tuno Valdés.

    • Monólogo “Sobre Rodas” de Pepo Suevos. 19 h. Salón Teatro. Entrada: 5 euros.

  • Domingo 27:

    • XI Festival de Corais da Coral de Lalín. 18 h. No Salón Teatro.

  • Martes 29: II Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de Lalín. De 9 a 14 h e de 17 a 18.30 h no Auditorio de Lalín.

km0