ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN

Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia

 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO

O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza

O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

null O XX NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: VIOLENCIAS - REDES SOCIAIS - CONSENTIMENTO - COEDUCACIÓN TERÁ LUGAR DO 8 A 11 DE XULLO
O XX NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: VIOLENCIAS - REDES SOCIAIS - CONSENTIMENTO - COEDUCACIÓN TERÁ LUGAR DO 8 A 11 DE XULLO

Este curso está coorganizado polo Instituto de Ciencias da Educación da USC e pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e cofinanciado polo Concello de Lalín 

A matrícula está aberta ata o 27 de xuño

Neste curso, abordaranse contidos relacionados cos seguintes tópicos: violencias, redes sociais, consentimento e coeducación cos seguintes obxectivos:

  • Debater sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero.
  • Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.
  • Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.
  • Incrementar a conciencia sobre as diferentes formas e expresións de violencias machistas na sociedade e coñecer os recursos e medios para previlas e combatelas.
  • Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.

En definitiva, este curso fomenta o intercambio de experiencias entre profesionais, promovendo a igualdade de oportunidades e cuestionando roles e estereotipos de xénero. Ademais, procurará sensibilizar sobre as violencias machistas, ofrecer ferramentas para combatelas e fortalecer o papel activo do profesorado na construción dunha sociedade máis xusta. A análise de boas prácticas educativas e a reflexión son claves para promover cambios reais. Todo isto orientado a transformar mentalidades, actitudes e prácticas que favorezan a equidade no ámbito educativo e social.

O curso conta co apoio do Ministerio de Igualdad; Xunta de Galicia; FEGAMP; Deputación de Pontevedra; CSIF; EXDEHU ; CIM e DIM.

Datas de celebración: martes 8, mércores 9, xoves 10 e venres 11 de xullo de 2025

Dirección: Milena Villar Varela. Instituto de Ciencias da Educación. ICE - USC e Susi Payo Negro. Oficina de Igualdade do Concello de Lalín

Secretaría: Mª del Mar Sanjuán Roca. Instituto de Ciencias da Educación. ICE - USC e Celso Taboada Lorenzo. Oficina de Igualdade do Concello de Lalín

Lugar de celebración: Edificio Sociocultural na Rúa Manuel Rivero de Lalín - 36500  Lalín (Pontevedra)

Nº de horas lectivas: 30 h.

Límite de alumnado:  110 (aforo do Salón de Actos do Edificio Sociocultural)

Web propia: www.lalin.gal/igualdade

Matrícula: ata o 27 de xuño

2 créditos ECTS

Este curso está coorganizado polo Instituto de Ciencias da Educación da USC e pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e cofinanciado polo Concello de Lalín.

km0