-
Este servizo municipal dependente da Concellería da Muller tramitou 16 altas de teleasistencia Atenpro, realizou dúas convocatorias do curso de defensa persoal e desenvolveu dúas convocatorias da Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero
O CIM, servizo municipal dependente da Concellería da Muller a cargo de Carmen Canda Larroy, é un servizo especializado de atención á mulleres en situación de vulnerabilidade, activo desde agosto de 2002 e conveniado na prestación de servizos cos concellos de Agolada e Rodeiro desde o 2014.
Este servizo ofrece, de xeito permanente, os recursos desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres en situación de vulnerabilidade, en horario de luns a venres de 8:00h a 15:00h, atendido por dúas técnicas, unha asesora xurídica e unha psicóloga, e que proporciona:
-Prioridade na intervención e atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Asesoramento xurídico
- Atención psicolóxica
- Información sobre os recursos dispoñibles na Comunidade Autónoma.
A estatística das CONSULTAS desde principio de ano foron as seguintes:
| TIPO DE CONSULTAS | Nº |
| Atención a vítimas de violencia de xénero | 200 |
| Asesoramento xurídico | 192 |
| Atención psicolóxica | 177 |
| Información de recursos, outro tipo de consultas | 67 |
| TOTAL | 636 |
Nas consultas de atención á vítimas de violencia tramitáronse 16 altas de teleasistencia Atenpro, recurso de atención e protección da Cruz Roja, ao mesmo tempo, na intervención destas consultas mantense a coordinación co punto de seguimento ás vítimas do posto da Garda Civil de Lalín.
Dentro do marco das funcións encamiñadas ás actividades o CIM levouse a cabo:
-
dúas convocatorias do curso de defensa persoal, dirixido a mulleres adultas e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade en colaboración coa Fegamp, incluído dentro das actividades ofertadas á entidades locais que forman parte da rede galega de concellos contra a violencia de xénero unha en xaneiro e outra en outubro
-
por outra parte tamén mantivo as dúas convocatorias da Mesa Local de coordinación fronte á violencia de xénero nos meses de xaneiro e outubro, ferramenta de coordinación na que participan diferentes profesionais implicados na atención a vítimas, de distintos departamentos como Policía Local, Xulgado, Colexio de Avogados, Garda Civil, IES, Subdelegación do Goberno e Dirección Xeral da Loita contra a violencia de xénero da Xunta.
Pé de foto: A concelleira de Muller e responsable do CIM, Carmen Canda, coa directora do CIM, Teresa Rocha