ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN

Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia

 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO

O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza

O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

null O CONCELLO CONVIDA AOS CENTROS EDUCATIVOS DE LALÍN E DEZA A REALIZAR VISITAS CONCERTADAS AO MUSEO MUNICIPAL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS NESTA SEMANA E NA QUE VÉN
O CONCELLO CONVIDA AOS CENTROS EDUCATIVOS DE LALÍN E DEZA A REALIZAR VISITAS CONCERTADAS AO MUSEO MUNICIPAL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS NESTA SEMANA E NA QUE VÉN
  • Para concretar as visitas deberase chamar previamente ao teléfono 986 78 40 04
  • Nas visitas falarase da importancia dos/as alumnos/as como futuros promotores da arte da ciencia nas institucións culturais coñecendo a pintores, escultores e científicos da zona

O vindeiro sábado, 18 de maio, celébrase o Día Internacional dos Museos, baixo o lema “Museos pola educación e a investigación” que subliña o papel fundamental das institucións culturais á hora de proporcionar unha experiencia educativa holística.

Os museos son centros educativos, non regrados, dinámicos, que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico. Preténdese así que o/s alumnos/as aporten a súa contribución á investigación, propoñendo a exploración e difusión de novas ideas de como lles gustaría que fosen os museos, desde a arte á historia, ata a ciencia e a tecnoloxía, xa que os museos son espazos vitais onde a educación e a investigación conflúen para dar forma á nosa comprensión do mundo e á reflexión sobre o patrimonio.

Desde o Concello de Lalín convídase a todos os centros educativos de Lalín e da Comarca de Deza a que nesta semana e tamén na que vén (xa que nestes días teñen xa moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas) se animen a realizar visitas concertadas ao Museo Municipal Ramón María Aller nas que se falará da importancia dos/as alumnos/as como futuros promotores da arte e a ciencia nas institucións culturais coñecendo a pintores, escultores e científicos de Deza. Para concretar as visitas deberase chamar previamente ao teléfono 986 78 40 04.

Nestes momentos o Museo Municipal alberga a exposición “Camiñantes pola Vía da Prata a Santiago de Compostela” de Acisclo Manzano en dúas das salas, así como a colección permanente de pintura do artista José Otero Abeledo “Laxeiro”, que inclúe tamén varias vitrinas con multitude de manuscritos do científico Ramón Mª Aller Ulloa e cartas do pintor Laxeiro ao científico Vidal Abascal.

Centros xa con visitas concertadas

Os centros educativos que ata o momento solicitaron realizar visitas ao Museo Municipal con motivo do Día Internacional dos Museos son:

  • CEIP Xesús Golmar: martes 21 ás 12 h. Grupo de 27 alumnos/as e 1 profesora.

  • Colexio Scientia Lalín:

    • 20 de maio: 12.45 h, 3º e 4º de Educación Primaria. 43 alumnos/as e 2 profesoras.
    • 21 de maio: 13 h, 5º e 6º de Educación Primaria. 49 alumnos/as e 2 profesores.
    • 24 de maio: 11.15 h, 1º e 2º de Educación Primaria. 50 alumnos e 2 profesores

km0