ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN

Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia

 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO

O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza

O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

null O CONCELLO ACOMETE O DESANCHE DA ESTRADA DE ACCESO A SANTISO DENDE A N525 COA RETIRADA DUN VELLO FORNO DE PAN E A REPOSICIÓN DA PAREDE DA VIVENDA DA QUE SE RETIRA
O CONCELLO ACOMETE O DESANCHE DA ESTRADA DE ACCESO A SANTISO DENDE A N525 COA RETIRADA DUN VELLO FORNO DE PAN E A REPOSICIÓN DA PAREDE DA VIVENDA DA QUE SE RETIRA
  • Respóndese á demanda dos veciños tanto da parroquia de Bendoiro como da de Santiso para mellorar e anchear este acceso que neste punto era moi estreito

O concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitou as obras que se están a acometer na parroquia de Bendoiro, concretamente no viario que da acceso á parroquia de Santiso dende o entronque coa N-525. Unhas obras que consisten no desanchado do viario no tramo máis próximo á estrada nacional que permitirá gañarlle máis de un metro e medio de anchura na zona máis próxima ao cruce.

Os traballos consistiron na retirada dun vello forno de pan de pedra que lindaba co viario e que se metía preto de metro e medio na estrada, provocando un estreitamento importante na zona máis próxima ao cruce, provocando dificultades de acceso no tramo máis complexo. A vontade da propietaria de cedelo, cousas que agradeceu o edil, permiteu a retirada desta vella estrutura a cambio de que o Concello habilitase o peche do tramo de parede exposto unha vez se retirou o vello forno.

Os traballos, que se realizan por administración, consisten na reposición de dita parede, unha vez se retirados os perpiaños e as pedras que conformaban o forno, e a dotación dunha parede lindante coa estrada para que manter a estrutura da vivenda.

Con esta actuación, respóndese á demanda dos veciños tanto da parroquia de Bendoiro como da de Santiso para mellorar e anchear este acceso que neste punto era moi estreito.

km0