ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN

Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia

 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO

O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza

O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

Publicador de contidos

null BOA ACOLLIDA DO PROGRAMA “LALÍN ACTIVA” NAS SÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DE ANDAINA PROMOVENDO A CONCILIACIÓN E O RESPIRO NO RURAL
BOA ACOLLIDA DO PROGRAMA “LALÍN ACTIVA” NAS SÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DE ANDAINA PROMOVENDO A CONCILIACIÓN E O RESPIRO NO RURAL

  • Con esta iniciativa, promovida polo Concello en colaboración coa Xunta, créanse espazos de esparexamento dirixidos a persoas maiores de 55 anos a fin de promover un envellecemento saudable

  • Os puntos xeográficos onde se desenvolve o programa son: Botos, Cercio, Donramiro, Filgueira, Goiás, Muimenta, Prado, Vilatuxe, Soutolongo e Lalín

  • A veciñanza que desexe asistir pode anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Lalín

O Concello de Lalín en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude pretenden proporcionar espazos onde os seus familiares realicen actividades e se fomenta o envellecemento saudable mentres estes gocen de conciliación e respiro familiar a través do programa “Lalín Activa” para o exercicio 2023.

A concelleira de Política Social, Carmen Canda, explica que “desde o arranque do programa, o pasado día 3 de xullo no local social de Donramiro, está a ter unha boa acollida levándose a cabo dinámicas de presentación para favorecer a cohesión grupal e facilitar as relacións interpersoais, como tamén actividades, que marcan o eixo central das dinámicas e as máis demandadas polas persoas participantes, a estimulación cognitiva (debates, reminiscencia, xogos e dinámicas grupais, etc.) e actividades de psicomoticidade. Ademais, realízanse actividades sobre hábitos saudables, autocoidados e benestar, manualidades, tempo de lecer, etc.”.

Beneficiarios

O programa está previsto que ofreza servizo a 250 usuarios en 10 locais no que o horario do persoal será partido en dúas sesións para levar a cabo o servizo en dúas parroquias cada día de 9:30 a 13:15 horas e de 16:30 - 20:15 horas de luns a venres. Estímase que uns 500 veciños/as sexan os beneficiarios directores e indirectos desta iniciativa. Lévase a cabo nos locais de Botos, Cercio, Donramiro, Goiás, Muimenta, Prado, Vilatuxe, Soutolongo, no Espazo Activo de Lalín e no obradoiro en Filgueira.

Lalín (20), Goiás (19) e Donramiro (17) son ata o de agora as parroquias con maior número de participantes. Como requisito para tomar parte é necesario estar empadroados no Concello de Lalín e ser maior de 55 anos. A veciñanza que desexe asistir deberán anotarse presencialmente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Lalín.  

km0