ADT

Publicador de contidos

Publicador de contidos

DEZASETE ASOCIACIÓNS DE LALÍN RECIBEN CASE 157.000 EUROS DE AXUDAS DO PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA 2025 DA DEPUTACIÓN

Onte tivo lugar a primeira Gala Provincia Comunitaria, presidida polo presidente da Deputación, Luis López, na que se fixeron entrega destas axudas aos diferentes colectivos da provincia

 ...

AS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN CONFIRMAN A SÚA CONSOLIDACIÓN CUN BALANCE SATISFACTORIO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN

• Cifras obxectivas do balance: 2.111 vehículos en rotación no Parking Europa e máis de 1.700 tickets expedidos para o tren turístico (sábado 6 – luns 8 de decembro).

CRESPO REÚNESE CON RESPONSBLES DE UFD, DISTRIBUIDORA ELÉCTRICA DE NATURGY, PARA ABORDAR CUESTIÓNS PENDENTES DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA DO MUNICIPIO

O rexedor solicita a axilización das conexións para seis sistemas de saneamento e para o Local Social de Carragoso-Trigueiriza

O Concello demanda reducir os prazos de dotación eléctrica a...

Publicador de contidos

null LAURA CALVO, GUMERSINDA ISABEL COUSO E MARTA MACEIRA ACADAN O XVIII PREMIO ÁS MULLERES “DNA. MARUJA GUTIERREZ” 2024
LAURA CALVO, GUMERSINDA ISABEL COUSO E MARTA MACEIRA ACADAN O XVIII PREMIO ÁS MULLERES “DNA. MARUJA GUTIERREZ” 2024
  • A entrega de premios terá lugar o venres, 8 de Marzo, ás 20.30 h no vestíbulo do Concello

Laura Calvo Cobela pola Clínica Laura Calvo; Gumersinda Isabel Couso Carballude, mestra xubilada, e Marta Maceira Ansedes resultaron gañadoras do XVIII Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2024, promovido polo Concello, a través das Concellerías de Igualdade e Comercio do Concello de Lalín con motivo do 8 de Marzo “Día Internacional da Muller” e dirixido a distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e profesional das mulleres lalinenses no 2024.

Este premio nace coa finalidade de difundir as achegas das mulleres lalinenses á sociedade, promovendo a transformación de estereotipos sexistas e rachando coas situacións de discriminación por razón de xénero, así como para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo un labor importante e relevante no ámbito da igualdade de oportunidades a fin de que sirva de exemplo para toda a sociedade, especialmente para as novas xeracións de mulleres.

Os ditos premios serán entregados nun acto público que terá lugar o venres, 8 de Marzo, ás 20.30 h, no vestíbulo do Concello e que se enmarca dentro das actividades do Concello de Lalín organizadas con motivo do “Día Internacional da Muller”.

Cómpre destacar que o xurado escolleu as candidaturas gañadoras entre as presentadas no transcurso dunha reunión celebrada o 1 de marzo.

Laura Calvo Cobela, pola Clínica Laura Calvo recibirá o premio na categoría de “Xove Empresaria”. O xurado acordou tamén outorgar o Premio “Dna. Maruja Gutiérrez” na modalidade de “Toda unha vida” á mestra xubilada Gumersinda Isabel Couso Carballude e a Marta Maceira Ansedes, pola empresa Studio78Dance&Fitness na categoría de traxectoria de “Mulleres en movemento”.

O histórico de gañadoras nas dezasete edicións suma máis de sesenta mulleres lalinenses recoñecidas co “Dna. Maruja Gutiérrez”.

km0