CASPERVEK
Imagen CASPERVEK width: 100%;

Caspervek estableceuse nos últimos anos como unha das grandes referencias dos cinema-concertos de cinema mudo en Europa. Cunha bagaxe de máis de trescentos concertos en doce países do continente e máis dunha trintena de longametraxes musicalizados, Caspervek é, hoxe en día, un ensamble modular que xunta a varios dos mais destacados intérpretes novos galegos, cunha formación que se adapta ás necesidades de cada película e escenario.

Caspervek estableceuse nos últimos anos como unha das grandes referencias dos cinema-concertos de cinema mudo en Europa. Cunha bagaxe de máis de trescentos concertos en doce países do continente e máis dunha trintena de longametraxes musicalizados, Caspervek é, hoxe en día, un ensamble modular que xunta a varios dos mais destacados intérpretes novos galegos, cunha formación que se adapta ás necesidades de cada película e escenario.

 

Durante moitos anos, o grupo acentuou o seu interese nos concertos didácticos, traballando estreitamente con festivais de cinema e institucións académicas para desenvolver programas específicos que achegasen o cinema mudo e o patrimonio cinematográfico a nenas e nenos. Como resultado deste traballo, o grupo ofreceu concertos educativos no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), o Teatro Afundación (Vigo), ou o Centro Cultural Záhrada en Banska-Bystrica (Eslovaquia), así como en ducias de escolas e colexios de toda España.

 

Caspervek está formado por:

 

Brais González (Piano/Composición)

Estudou na Universität Mozarteum de Salzburgo, o CSM de Vigo e o CSM de Oviedo.

Foi premiado en varios concursos internacionais de piano en Ferrol, San Sebastián e París. Como músico de cámara e pianista acompañante actuou en máis dunha ducia de países europeos con solistas como Erik Mirzoyan, Rusanda Panfili ou Dana Zemtsov.

Como compositor, as súas obras foron interpretadas por grupos de cámara, coros e orquestras sinfónicas de toda España e Portugal.

 

Blas Castañer (Percusión)

Estudou percusión no CSM de Vigo e na EAM de Santiago.

Gañou o primeiro premio no Concurso Internacional de Percusión de Baketes en Benetusser e toca regularmente con orquestras e bandas en España e Europa.

 

Laura Lorenzo (Frauta)

Laura estudou no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Musikhöchschule Freiburg con Mario Caroli e Anne Romeis.

Foi membro da Nova Orquestra Nacional de España (JONDE) e foi academista da Orquestra Nacional de España, ademais de colaborar con outras agrupacións como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Philarmonisches Orchester Freiburg, Orquestra 430 de Vigo, ou a Orquestra Sinfónica de Bankia.

 

Eduards Vecbastiks (Violín)

Eduards completou os seus estudos no Conservatorio Superior de Vigo, e posteriormente realizou o Máster de Interpretación na Hochschule für Kunste de Bremen (Alemaña). Ademais da súa participación activa con Caspervek, foi membro e colaborador de varias orquestras en España e Europa Central. Actualmente é membro da Schleswig-Holsteinisches Sinfonieorchester de Flensburg (Alemaña).