Profesora titular na Facultade de Educación da Universidade de Sevilla, no departamento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, sendo a súa seña de identidade a investigación con metodoloxías cualitativas e análises do discurso.
Acredita unha ampla traxectoria en estudos das mulleres e do xénero en educación, con especial atención en coeducación, prevención da violencia de xénero e inclusión da perspectiva de xénero en formación do profesorado e as prácticas educativas, das que deu conta en numerosas publicacións de impacto polas que foi galardoada pola Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora con tres sexenios de investigación. Tamén foi recoñecida a súa actividade de difusión e aplicación de resultados ao ámbito social e educativo cun sexenio de transferencia.
Como responsable da área de estudos das mulleres e de xénero do Instituto Interuniversitario Andaluz de Investigación Educativa emprendeu diversas actuacións para a inclusión da perspectiva de xénero na docencia universitaria organizando o I e II Seminario A Universidade en clave de xénero e creando a rede interuniversitaria MATILDA para a docencia con perspectiva de xénero, co respaldo da Unidade para a Igualdade da Universidade de Sevilla.
Foi membro do Xurado Avaliador dos Premios Rosa Regás ás mellores prácticas coeducativas de Andalucía en 2012 e 2019 como persoa de recoñecido prestixio do mundo da cultura implicada na defensa da igualdade entre homes e mulleres e formado parte do comité científico de diversos congresos relacionados con este ámbito entre os que destaca a súa participación no I Congreso Andaluz de Coeducación, VII Congreso Interuniversitario de Investigación e Xénero, VII Xornada Universitaria Galega en Xénero, Congreso Construíndo Igualdade, visibilizando experiencias, etc.