Doutora pola Universidade de Vigo coa tese Avaliación do fenómeno do sexting e dos riscos emerxentes da rede en adolescentes da provincia de Ourense 2017. Dirixida por Dr/a. Yolanda Rodríguez Castro, Dr/a. María Lameiras Fernández.
Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía, é Doutora en Ciencias da Educación e do Comportamento pola Universidade de Vigo. A súa Tese Doutoral obtivo a cualificación de Cum Laude con Mención Internacional e o Premio Extraordinario.
Na súa carreira docente estivo vinculada á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo e a a Facultade de Ciencias Sociais e Humanidades da Universidade Internacional de La Rioja (UNIR). Actualmente traballa como docente e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, vinculada ao Grupo de Investigación ESCULCA [Grupo de Referencia Competitivo do Sistema Galego de I+D+I].
O seu recorrido na esfera investigadora ten xerado multiplicidade de publicacións relevantes (libros, capítulos...), destacando as achegas publicadas en revistas indexadas en JCR ou SJR. Neste senso, as súas liñas de investigación prioritarias se articúlanse en torno a: educación e xénero; pedagoxía feminista; o estudio e prevención de múltiples formas de violencia contra as mulleres (online e offline); sexualidade e educación sexual; Educación Social, así como o tratamento pedagóxico do sexting e dos novos fenómenos dixitais.