Involucrouse desde moi nena na loita política e social. Primeiro na loita estudantil e posteriormente na loita feminista. Máis tarde, en lóitaa LGTBI.
Contribuíu a fundar a FELGTB e xunto con Pedro Zerolo construíron a estratexia que levou a España a aprobar o matrimonio igualitario.
Matriculouse no primeiro curso do Seminario Feminismo e Ilustración que dirixía Celia Amorós e esa aprendizaxe supuxo un antes e un despois na súa conciencia feminista.
Nunca abandonou a loita social. Foi deputada dúas lexislaturas na Asemblea de Madrid por Podemos e Directora do Instituto das Mulleres durante un ano e medio.
Con todo, o que considera máis importante do seu traballo é a escritura. Publicou máis dunha decena de libros entre novela, poesía e ensaio.
Entre os seus ensaios destaca o último: Alegación contra a prostitución: Razón e emoción.
Tamén Lactación materna: Política e identidade.
Escribe sobre a actualidade en Infolibre, pero escribíu en eldiario.es ou Público.
Toda a súa produción atópase en www.beatrizgimeno.es