Profesor Titular da Universidade de Granada, Asesor do Vicerreitorado de Igualdade, Sostenibilidade e Inclusión, Doutor en Medicina e Ciruxía con Premio Extraordinario, Especialista en Medicina Legal, Máster en Bioética e Dereito pola Universidade de Barcelona, e Médico Forense.
Desde 1988 a 2012 ten sido Profesor Asociado de Medicina Legal, excepto os períodos de tempo nos que ocupou responsabilidades públicas na administración autonómica de Andalucía como Director Xeral de Asistencia Xurídica a Vítimas de Violencia, e na do Estado como Delegado do Goberno para a Violencia de Xénero. A partir de 2012 desenvolve o seu traballo como Profesor Titular impartindo docencia de grao nas Facultades de Medicina (Medicina Legal e Forense e Toxicología, e Fundamentos da Investigación e Bioética), Ciencias da Saúde (Terapia Ocupacional e Fisioterapia) e Dereito (Criminoloxía), e de postgrao nas universidades de Valencia e Pablo Olavide de Sevilla, ambas en Dereito e sobre violencia de xénero.
Desde 1988 formou parte como investigador en 12 proxectos de investigación sobre a aplicación do análise do ADN á Medicina Legal e Forense dentro do campo da Criminalística, a investigación biolóxica da paternidade e maternidade, e a identificación humana, especialmente no caso de persoas desaparecidas. Tamén formou parte de 2 grupos de investigación sobre violencia de xénero, e asesor en comisións sobre violencia de xénero de organismos nacionais (Congreso dos Deputados, Senado, CGPJ) e internacionais (OMS, Instituto para la Igualdad de Género de la UE (EIGE), Naciones Unidas (ONU Mujeres y OHCHR))
De 2015 a 2019 foi Director do Secretariado de Igualdad e Conciliación da Universidade de Granada, e actualmente é Asesor do Vicerreitorado de Igualdade, Sostenibilidade e Inclusión.
Publicou 84 artigos en revistas científicas internacionais e nacionais, autor de 8 libros e de 32 capítulos de libros. Director de 2 tesis doctorais. Conta con mais de 77 aportacións a congresos, varias de elas como invitado, e con múltiples invitacións a xornadas, comisións de traballo, grupos de traballo… sobre violencia de xénero realizadas desde diferentes tipos de administracións e organizacións.