Instalacións

Pavillón municipal (Pista goma)

A pista de goma é a pista principal dos pavillón polideportivos municipais. Conta con bancadas para máis de 800 persoas e soporta os adestramentos e partidos de tódolos equipos que disputan a súa competición baixo cuberto. Tamén é utilizado polos institutos de bacharelato, escolas deportivas e nel organízanse actividades deportivas e culturais de distinta índole. A máis salientable é a Gala de Gastronomía, sen esquecer algúns concertos como o de Julio Iglesias, mítines e algún trial indoor. Conta cun total de 6 vestiarios completos para clubs, e 4 individuais. Servicio de taquillas individuais e dous puntos de máquinas expendedoras. Potente iluminación e paneis abatibles que permiten unir os dous pavillóns cunha superficie de máis de 2.000 m2.

km0