Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
A CABALGATA SAIRÁ ÁS SEIS DA TARDE DA RÚA DA BANDA E A RECEPCIÓN DOS MAGOS TERÁ LUGAR NA ALDEA DOS REIS A PARTIR DAS SETE E CUARTO

•   Unhas cincuenta persoas poderán facer o percorrido dos Reis en tren, determinándose a participación por orde de chegada

· Previamente á saída da Cabalgata, as súas Maxestades os Reis Magos visitarán, nesta ocasión en tren, a residencia Nosa Señora das Dores (16 h), Geriatros (16.45 h) e o Fogar Santa Rita (17.25 h).

Máis dun cento de persoas (cativada e adultos), entre cabaleiros, lanceiros, guerreiros e pastores..., conformarán a Cabalgata de Reis do venres, 5 de xaneiro, que dará comezo ás seis da tarde, con saída da rúa da Banda. Estará conformada por cinco carrozas cheas de cor -as tres dos Reis Magos, a do Nacemento e a de Herodes- conducidas por distintos talleres da zona (Maxideza, Toimil, Jomabe e TLM). Así mesmo acompañarán a Cabalgata seis bolboretas de luz e baile; o grupo de baile Alba Iglesias e o equipo de Eduvía con monitorado que se encargará de coidar á cativada participante.

Unhas cincuenta persoas, elixida por orde rigoroso de chegada, poderán facer o percorrido dos Reis en tren. Así mesmo outro grupo de persoas irán no autobús de Meijide. Cómpre indicar que tanto o tren como o dito autobús sairán ás seis da tarde da rúa da Banda.

Previamente á saída da Cabalgata, as súas Maxestades os Reis Magos visitarán, nesta ocasión en tren, a residencia Nosa Señora das Dores (16 h), Geriatros (16.45 h) e o Fogar Santa Rita (17.25 h).

A Cabalgata, na que se distribuirán 700 quilogramos de caramelos sen glute, fará o seguinte percorrido: saída da rúa da Banda, Praza da Mariña, Antonia Ferrín Moreiras, Avenida Luís González Taboada, Avenida de Bos Aires, Loriga e rúa Principal para rematar onde a Fonte dos Cabalos.

A recepción terá lugar a partir das 19.15 horas na Aldea dos Reis, na Praza da Biblioteca, onde todos os/as nenos/as poderán fotografarse co Rei Mago que desexen, entregarlle a súa carta ou pedirlle persoalmente os agasallos. As Súas Maxestades entregaranlle caramelos e un agasallo a cada pequeno/a.

Para velar que todo o dispositivo transcorra con normalidade contarase coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Emerxencias Lalín e Policía Local.

km0