Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CONTRATADAS 10 PERSOAS PARA REFORZAR DISTINTOS SERVIZOS MUNICIPAIS, AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2021

Foron recibidos polo alcalde e polo concelleiro de Emprego nesta primeira xornada inicial

O edil de Emprego, Avelino Souto, sinala que xa están seleccionadas as 10 persoas, contratadas ao abeiro do Plan Concellos 2021, para reforzar distintos servizos do Concello.

O concelleiro delegado explica que se trata concretamente de:

  • 1 técnico para Secretaría
  • 2 auxiliares administrativos (1 para Emprego e 1 para Intervención)
  • 2 auxiliares de Turismo
  • 1 arquitecto técnico (Urbanismo)
  • 1 técnico para Contratación
  • 1 conserxe para Lalín Arena
  • 1 traballador social
  • 1 técnico para Comercio

Souto concreta que todas se incorporaron hoxe aos seus postos, menos as 2 auxiliares de Turismo que o farán o 3 de maio. Os traballadores foron recibidos polo alcalde e polo concelleiro delegado nesta primeira xornada inicial. A duración media dos contratos é de 6 meses.

Estas 10 persoas veñen a sumarse ás 13 incorporacións de operarios para a brigada municipal de Obras que comezou a funcionar o pasado luns e que está pendente de incorporar outras 5 persoas, todas elas contratadas tamén ao abeiro do Plan Concellos 2021.

km0