Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CRESPO VISITOU O OBRADOIRO DE EMPREGO “SENDAS” QUE AVANZOU NO MANTEMENTO E DESBROCE DO PASEO DO PONTIÑAS NUNHA FRANXA IMPORTANTE A AMBAS MARXES DO MESMO

Ao tempo estanse a levar a cabo traballo de poda das árbores situadas a ambas marxe e retirada de invasoras no propio cauce do río e que nalgún caso deixaban bastante reducido o cauce.

O obradoiro de emprego, a través da Xunta de Goberno, procedeu á contratación dunha importante partida de madeira tratada para proceder á reparación dos valados, dos asentos e dos distintos elementos de madeira.

O alcalde José Crespo acompañado do concelleiro de Emprego, Avelino Souto, e da directora do Obradoiro de Emprego, Mari Carmen Vidal, visitaron o Paseo do Pontiñas onde os equipos de alumnos traballadores do obradoiro de Emprego “Sendas” acometeron nas últimas semanas un intenso traballo de retirada de maleza e realizaron traballos de conservación dese entorno natural.

Os traballos comezaron no entorno da Ponte da Avenida Xosé Cuiña e xa se estenden a todo o longo do trazado ata a conexión coas escaleiras que dan acceso ás sendas creadas que conectan o Paseo con Donramiro e Filgueiroa correspondente áo Cinto Verde. Ao longo deste trazado, procederon a desbrozar e retirar maleza en ambas marxes do río e a deixar á vista un total de tres muíños que estaban tapados pola capa vexetal. Os traballos afectaron a unha ampla faixa de terreo próximo aos predios lindeiros para que presenten o mellor estado de conservación e de limpeza.

Ao tempo estanse a levar a cabo traballo de poda das árbores situadas a ambas marxe e retirada de invasoras no propio cauce do río e que nalgún caso deixaban bastante reducido o cauce.

O alcalde solicitou aos responsables do obradoiro unha serie de melloras nas infraestruturas do paseo como a limpeza dos canalóns que recollen as pluviais ou a limpeza das cunetas que evacuan a auga da choiva.

CONTRATACIÓN DE MADEIRA

A maiores, o obradoiro de emprego, a través da Xunta de Goberno, procedeu á contratación dunha importante partida de madeira tratada para proceder á reparación dos valados, dos asentos e dos distintos elementos de madeira que se sitúan en todo o camiño e que servirán para que ata os meses de verán a división de carpintería do obradoiro proceda ás reparacións de toda a parte de madeira do paseo.

km0