Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
COMEZAN OS SEMINARIOS QUE O CONCELLO DESENVOLVE EN COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE VIGO
  • No marco desta iniciativa, encadrada no programa de Coñecemento e Experiencias da UVIGO, desenvolveranse 4 seminarios durante os meses de maio e xuño

  • O de hoxe tratou sobre “Fomento do desenvolvemento persoal” desenvolverase de 16.00 a 19.00 horas

  • Son actividades culturais e formativas de carácter gratuíto dirixidas a persoas maiores de 50 anos sobre as temáticas de “Fomento do desenvolvemento persoal”, “Aprende a salvar unha vida”, “Coñecendo a fraxilidade” e “Probióticos caseiros: degusta, aprende e transforma a túa saúde dixestiva”

Hoxe dan comezo os seminarios enmarcados dentro do Programa Mareas de Coñecemento que ofrece o Concello de Lalín en colaboración coa Universidade de Vigo e teñen como obxectivo principal promover a aprendizaxe ao longo da vida, ao tempo que afrontar o reto que do envellecemento da poboación. O proxecto democrático do Coñecemento, encadrado na Rede Galega de Programa Universitarios para Maiores, oriéntase ao desenvolvemento de actividades formativas e de extensión cultural destinadas ás persoas maiores de 50 anos, todas elas con carácter gratuíto.

Na sesión celebrada hoxe, ademais do seminario que ten unha duración de tres horas e cuxo obxectivo principal é promover o desenvolvemento persoal e o benestar integral das persoas maiores, facilitando ferramentas e recursos que lles permitan mellorar a súa calidade de vida, fomentar a autoconfianza e fortalecer as súas relacións interpersoais, tivo o acto de apertura coa presenza da concelleira de Igualdade, Carmen Canda, de Iris Machado Oliveira, coordinadora do Programa Universitario de Maiores (PUM) do campus de Pontevedra e Carmen María Abreu Fernández, Coordinadora Xeral do PUM da Universidade de Vigo.

A programación dos seguintes seminarios, previstos que se desenvolvan no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero de Lalín e será a seguinte:

  • Seminario II co título Aprende a salvar unha vida”, 26 de maio de 16.30 a 19.30 h, cunha sesión teórica-práctica, ten como obxectivo principal dar a coñecer á poboación as técnicas básicas de soporte vital tales como a reanimación cardiopulmonar (RCP) e o uso dun desfibrilador externo semiautomático (DEA). Así mesmo abordaranse temas como as principais causas de paradas cardíacas e como evitalas, pasos básicos para actuar en caso de accidente, como comunicarse cos servizos de emerxencia, como iniciar a reanimación cardiopulmunar. Impartiao Marcos Sanmartín Montes, do grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo.

  • Seminario III, “Coñecendo a fraxilidade”, cunha sesión teórica-práctica onde se exporán temas como: que é a fraxilidade?, sarcopenia e osteoporose, como se valora, cal é a relación entre a fraxilidade e as caídas, ”como se trata a fraxilidade na fisioterapia. Será o día 4 de xuño ás 16:30 ata ás 19:30, ofrecido pola profesora da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, campus de Pontevedra, Irimia Mollinedo Cardalda.

  • Seminario IV, “Probióticos caseiros: degusta, aprende e transforma a túa saúde dixestiva”, o 11 de xuño de 16 a 19 horas. Ten como obxectivo principal capacitar ás persoas participantes para elaborar e gozar de alimentos probióticos caseiros, comprendendo os seus beneficios para a saúde dixestiva, así como tamén unha degustación e cata sensorial in situ. Será impartido por Marisol López Reyes, nutricionista e tecnóloga de alimentos e profesora do programa universitario de Maiores da Universidade de Vigo, campus de Ourense.

As necesidades e o envellecemento activo da poboación lalinense téñense en conta dende o goberno municipal e teñen como obxectivo paliar as dificultades que sofren as persoas para participar no tempo de ocio e desfrutalo de forma satisfactoria, gozar das actividades da vida cotiá, a formación en aspectos importantes, etc.,

km0