Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CRESPO VISITA O CAMPUS DE BALONCESTO DO BASKETDEZA QUE DESENVOLVE CO COB OURENSÁN E COA COLABORACIÓN DO CONCELLO
  • O alcalde agradeceu aos organizadores esta iniciativa coa que se fomenta a conciliación familiar e a práctica deportiva

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro de Deportes, Avelino Souto, visitaron esta mañá o Campus de Baloncesto do Basketedeza desenvolvido xunto ao Club Ourense Baloncesto (COB), e en colaboración co Concello de Lalín, no que están a participar medio cento de rapaces e que este venres que chega á súa fin.

Tras poder departir cos directivos, técnicos e participantes no Campus, que se está a desenvolver no pavillón municipal de deportes, o alcalde lalinense fixo entrega dun detalle institucional ao presidente do COB, Diego González Regueira, xesto que tamén foi devolto por Regueira a Crespo facéndolle entrega dun agasallo institucional do club.

Crespo agradeceu a Basketdeza e COB o seu traballo por facer posible esta iniciativa coa que se fomenta a conciliación familiar ao mesmo tempo que a práctica deportiva, abordando cuestións non só de coñecementos técnicos do baloncesto, senón tamén outros como a nutrición ou os hábitos saudables.

 

km0