Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO DE LALÍN CONMEMORA O ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE LAXEIRO

 

  • O Museo Municipal Ramón Mª Aller alberga unha colección permanente dedicada a Laxeiro que paga a pena visitala ou revisitala

 

  • Do 22 ao 26 de xullo haberá visitas comentadas desta exposición permanente ás 12 horas

 

  • Tamén o 26 de xullo ás 18 horas terá lugar un taller de debuxo expresionista para a cativada

O 21 de xullo é unha data sinalada con tinta e cor na memoria cultural de Lalín. Conmemoramos o pasamento de José Otero Abeledo, Laxeiro, xenio pictórico e espírito rebelde na vangarda galega. O Museo Municipal Ramón Mª Aller, que custodia parte do seu legado, é un lugar idóneo para lembrar a súa produción artística coas máis de 40 obras que compoñen o fondo Laxeiro. A visita a esta exposición recórdanos por que Laxeiro contribuíu de xeito explícito a mudar a forma na que entendemos a arte como figura central dos Renovadores no panorama global e con gran impacto a nivel local.

 

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, realizou no día de hoxe unha visita á colección permanente de Laxeiro no Museo e animou a visitala ou revisitala porque paga a pena. Anuncia que nesta semana do 22 ao 26 de xullo, ás 12 horas, haberá visitas comentadas a esta exposición permanente centrada na obra de Laxeiro. Así mesmo avanza que o sábado 26 de xullo ás 18 horas desenvolverase unha xornada con materiais didácticos e taller de debuxo expresionista para crianzas e familias.

 

Así mesmo cómpre lembrar que o documental que o Concello de Lalín editou sobre a súa figura con motivo do Ano Laxeiriano en 2022.

 

En Lalín, terra na que se sitúa o Marquesado da Romea e onde as referencias ao pintor e aos seus personaxes continúan moi presentes no imaxinario da veciñanza, Laxeiro segue vivo en innumerables momentos dos nosos días.

km0