Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
FINALIZADAS AS OBRAS DE REPOSICIÓN DO TELLADO E DE ACONDICIONAMENTO INTERIOR DO CENTRO SOCIAL DE VAL QUE O GOBERNO ACOMETEU POR EMERXENCIA PARA DAR SOLUCIÓN AOS DANOS DO TEMPORAL
  • Crespo, Cuñarro e Blanco visitaron hoxe este local social que xa está perfectamente acondicionado para uso veciñal

O alcalde de Lalín, José Crespo, o concelleiro de Obras, José Cuñarro, e a concelleira Begoña Blanco visitaron esta mañá o centro social de Val, onde veñen de rematar as obras de acondicionamento acometidas polo goberno por vía de emerxencia tras os danos causados polo temporal “Martiño”. Tamén participou na visita a pedánea, María Estrella Quinteiro Crespo, e veciños da parroquia.

O citado temporal arrancara no tellado unha prancha de fibrocemento e algún dos cumios, o que provocou a entrada de auga no edificios coas chuvias posteriores. Co obxectivo de resolver esta situación canto antes, o goberno levou a cabo as seguintes actuacións por emerxencia: substitución das pranchas danadas do tellado e colocación de tella nova na zona afectada; renovación das placas de escaiola deterioradas no falso teito; pintado das paredes exteriores e interiores do edificio e reposición de diversos rodapés de madeira.

Con estas actuacións de acondicionamento do centro social de Val os veciños teñen á súa disposición un centro social listo para o seu uso. Unha intervención que se une ás tamén realizadas por emerxencia polo goberno nos centros sociais de Sello e da Xesta onde foron repostas as cubertas.

 

km0