- Trátase de sesións moi participativas, tanto nas intervencións das asistentes, como á hora de propoñer novos títulos
- O vindeiro mes lerán “Canto yo y la montaña baila” de Irene Solá
O vindeiro xoves, 31 de xullo, ás 20 horas, no edificio sociocultural, terá lugar a reunión mensual do club de lectura de persoas adultas, que reúne unha vintena de lectoras arredor da literatura como espazo de reflexión compartida.
Na xornada do xoves poderán comentar a obra “Panza de burro” da escritora e xornalista Andrea Abreu. Desde o seus inicios, as reunións do club de lectura trátase de xornadas moi participativas, tanto nas intervencións das asistentes, achegando interesantes puntos de vista ao redor das lecturas, como á hora de propoñer títulos.
Para o vindeiro mes teñen previsto ler “Canto yo y la montaña baila” de poeta, escritora e artista plástica, Irene Solá. Como se indica, estes títulos foron propostos e escollidos entre as asistentes ao club de lectura. Propoñen varios e faise unha elección entre todas as participantes.