Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
COMEZAN AS CHARLAS NO RURAL DA CAMPAÑA “EU SON DO MARRÓN” NAS ÁREAS PARROQUIAS DE FILGUEIRA E PRADO
  • No conxunto das dúas charlas repartíronse 30 composteiros, que permitirán ás familias participantes mellorar os seus hábitos medioambientais e reducir a fracción de residuo goberno

  • A iniciativa continúa este venres, 21 de novembro, con dúas novas reunións: ás 18:00 horas no Auditorio de Muimenta e ás 20:00 horas no local social de Goiás

A concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo, valorou positivamente o arranque da campaña “Eu son do Marrón”, que ten como obxectivo fomentar a recollida e o compostaxe de residuos orgánicos nas parroquias do municipio. “Queremos agradecer á veciñanza de Filgueira e Prado a excelente acollida das reunións informativas celebradas onte, nas que participaron unha trintena de persoas interesadas nunha xestión responsable dos seus residuos”, afirmou Lorenzo.

Durante as charlas, o técnico de Medio Ambiente, José Manuel Méndez, explicou as vantaxes do compostaxe doméstico e deu recomendacións prácticas para o uso correcto dos composteiros. “Comprobamos, xunto ao técnico, que existe unha longa tradición local de compostaxe: moitas familias xa aproveitan os residuos orgánicos tanto para abonar as súas hortas como para a alimentación dos animais domésticos. O noso obxectivo é facilitar e ordenar este proceso, poñendo á disposición composteiros que garantan un tratamento eficiente e sostible da materia orgánica”, destacou a edil.

No conxunto das dúas charlas repartíronse 30 composteiros, que permitirán ás familias participantes mellorar os seus hábitos medioambientais e reducir a fracción de residuo que remata en vertedoiro, cumprindo así as obrigas legais de recollida diferenciada e promovendo a economía circular no rural.

NOVAS CHARLAS O VENRES

A iniciativa continúa este venres, 21 de novembro, con dúas novas reunións: ás 18:00 horas no Auditorio de Muimenta e ás 20:00 horas no local social de Goiás. “Animamos a toda a veciñanza a participar, resolver as súas dúbidas e sumarse á campaña. A colaboración cidadá é clave para cumprir cos obxectivos ambientais e construír entre todos un concello máis limpo, responsable e exemplo en Galicia”, concluíu Raquel Lorenzo

km0