- O concelleiro de Agricultura solicita a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba e terra, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación. Fóra desas datas non se poderán deixar
-
Esta campaña desenvólvense por todas as parroquias, distribuídas en tres zonas, como ven sendo habitual, entre mediados de novembro e comezos de decembro
Comezou a recollida de plásticos de silo agrícolas do Concello de Lalín pola zona 1 (Noceda, Anzo, Losón, Busto, Madriñán, Méixome, Santiso, Bermés, Prado, Bendoiro e Filgueira) e para a semana que vén continúa pola zona 2 (Catasós, Vilanova, A Xesta, Barcia, Anseán, Gresande, Cristimil, Soutolongo, Botos, Moneixas, Zobra, Lebozán, Vilatuxe, Lodeiro, Doade, Donsión e Donramiro) onde se poderán depositar os plásticos os días 23, 24, 25 e 26 de novembro nos correspondentes puntos de acopio: xunto ao centro social de Catasós, estrada Lalín-A Xesta (antes da ponte da autoestrada), xunto ao centro social de Donsión, xunto ao centro social de Vilatuxe, xunto ao centro social de Lebozán, xunto ao cruceiro de Doade, no aparcamento da igrexa en Sampaio, na cooperativa de Botos, na cooperativa Campodeza en Gresande, na Praza de Vilar en Soutolongo, na vía de servizo preto do aserradeiro de Moneixas e xunto ao monolito do Agro de Zobra. Nesta zona 2 recollerán os plásticos o xoves día 27 de novembro.
Os días 30 de novembro, 1, 2 e 3 de decembro terá lugar a recollida de plásticos na zona 3 (Lalín de Arriba, Xaxán, Goiás, Maceira, A Veiga, Sello, Fontecabalos, Erbo, Albarellos, Castro, Alemparte, Alperiz, Parada, Cadrón, Muimenta, Carballeda, Galegos, Cercio, Palio, Rodís, Cangas, Cello, Palmou, Camposancos e Val). Os puntos de acopio serán: xunto ao centro social de Goiás, xunto ao centro social de Sello, xunto ao depósito da auga de Palmou, xunto ao cemiterio de Erbo, campo de fútbol de Cercio, campo de fútbol de Agrelo (Lamas), estrada vella a Meixomín, cooperativa de Castro, cooperativa de Maceira e no campiño de Arriba de Celloa. A recollida será o xoves 4 de decembro.
Marcos Mariño fai fincapé en que “é importante recordar que os plásticos deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar nin os cordeis, nin sacos big bags, nin garrafas, nin rodas e tampouco se poderán deixar os plásticos fóra desas datas”.
No caso de depositar residuos nestes lugares diferentes aos plásticos de silo poderá ser sancionado con multas de ata 750 € de acordo ao artigo 67 da ordenanza de medio ambiente e limpeza do Concello de Lalín.
Mariño solicita a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación.