- Este certame pretende fomentar a creatividade e a participación cultural dos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
- Os traballos poderán entregarse na Biblioteca Municipal desde hoxe e ata o vindeiro 19 de decembro ás 21 horas
- Presentarase un único debuxo por participante que deberá ter como temática as Aldeas de Nadal
- Os gañadores recibirán como premio e un lote de libros e todos/as os/as participantes unha mención especial
- A entrega dos premios realizarase o 9 de xaneiro de 2026
Abre o prazo de presentación de traballos ao II Concurso de Postais <Aldeas de Nadal> que convoca a Concellería de Cultura, desde a Biblioteca Municipal Varela Jácome. Así o indica a concelleira Begoña Blanco que explica que o obxectivo deste certame é “fomentar a creatividade, a sensibilidade artística e a participación activa cultural da cativada lalinense”.
Segundo as bases aprobadas en xunta de goberno, poden participar nenos e nenas e nenas/as de entre 3 a 12 anos do Concello de Lalín ata o vindeiro venres, 19 de decembro.
A inscrición realizarase entregando un sobre pechado na Biblioteca Municipal entre o 1 de decembro de 2025 ás 9 horas ata o 19 de decembro de 2025 ás 21 horas. O sobre deberá incluír a postal a concurso e levar no exterior a lenda “Concurso de Postais Aldeas de Nadal” xunto coa categoría na que participa (A ou B). Non se admitirán traballos presentados fóra de prazo.
O debuxo ou ilustración terá como temática as Aldeas de Nadal. O xurado valorará a orixinalidade e a capacidade creativa acorde coa idade do/da participante. Presentarase un único debuxo por participante.
Quedarán excluídos os traballos cuxo contido sexa sexista, homófobo, racista ou calquera outra expresión violenta que poida afectar ou danar a integridade e o benestar doutras persoas.
Os traballos presentaranse en tamaño DIN A4 sobre papel ou cartolina sen dobrar. Poderán usarse todo tipo de materiais ou pinturas, coa única condición de non presentar relevo. O contido do debuxo deberá ser manual (non dixital), orixinal, inédito e de técnica libre, sempre que se posibilite a súa reprodución impresas. Non deberá figurar, tanto na parte frontal como na traseira, ningún nome ou alcume que poida identificar o traballo co/coa participante.
Establécense dúas categorías: categoría A) para nenos e nenas de 3 a 6 anos e categoría B) nenos e nenas de 7 a 12 anos. O xurado seleccionará unha postal por cada categoría. O/a gañador/a en cada unha das dúas categorías recibirá como premio un diploma e un lote de libros. Todos/as os/as participantes terá unha mención especial. A entrega do premio realizarase o 9 de xaneiro de 2026 na Biblioteca.
A Concellería de Cultura designará o xurado, presidido pola concelleira e composto por un/ha traballadora da Biblioteca Municipal e outra persoa designada pola presidencia. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
A Biblioteca Municipal de Lalín resérvase o dereito de organizar unha exposición pública con todos ou parte dos traballos dos participantes, no local, datas e horario que oportunamente se determine.