- Desde a Concellería de Política Social e Infancia que dirixe Avelino Souto anímase a todas as entidades, asociacións, empresas ou persoas individuais da nosa contorna a sumarse a esta iniciativa, reflexo do espírito solidario do noso pobo
- A entrega de agasallos ás familias beneficiarias está prevista para os días 17, 18 e 19 de decembro
- Tal como avanzou o concelleiro Avelino Souto na presentación, este ano a campaña contará por vez primeira cunha partida municipal económica específica de 3.000 euros que irán destinados á compra de xogos educativos e regalos, ao tempo que se pretende reforzar a doazón de particulares, colectivos e establecementos, de aí a importancia de animar a sumarse a esta iniciativa
As persoas, entidades ou colectivos que queiran sumarse á campaña “Ningún neno/a sen xoguete” do Concello de Lalín poden comunicalo a través do teléfono de servizos sociais, no 986 78 00 14 ata o vindeiro 15 de decembro. As doazóns pódense realizar no Desván Municipal (na rúa Memorias dun neno labrego nº 14, baixo) os martes e os xoves en horario de 10 a 13 horas.
Aquelas persoas ou entidades que non poidan achegar a súa doazón neste horario, poderá concretar outra data e horario de entrega a través dos seguintes contactos: 986787060, 986780014 ou enviando un correo electrónico a eva.prieto@lalin.gal.
As tres iniciativas ou colaboracións xurdidas no que vai de campaña “Ningún neno/a sen xoguete” neste ano son:
- Residencia DomusVi Lalín: súmame á campaña colocando no seu centro un punto de recollida de agasallos no seu centro.
- Grupo de Amigos de Lalín: colaboración con doazón pecunaria que depositarán en Juguettos (400 euros).
- Tienda Mi Casa Lalín: súmase á campaña colocando no seu centro un punto de recollida de agasallos.
Avelino Souto remarca que “esperamos que a colaboración de toda a comunidade solidaria de Lalín sexa igual de positiva que en edicións pasadas e entre todos/as podamos brindar a oportunidade de que os nenos e nenas das familias máis vulnerables do noso pobo reciban un agasallo de Nadal”.
Este é o primeiro ano que nesta campaña se conte cunha partida municipal específica de 3.000 euros que irán destinados á compra de xogos educativos e regalos, tal como avanzou o concelleiro Avelino Souto na presentación da iniciativa hai uns días, ao tempo que se pretende reforzar a doazón de particulares, colectivos e establecementos.
Por esta razón desde a Concellería de Política Social anímase a todas as entidades, asociacións, empresas ou persoas individuais da nosa contorna e sumarse a esta Campaña que reflexa o espírito solidario da iniciativa.
A entrega dos agasallos ás familias beneficiarias terá lugar os días 17, 18 e 19 de decembro.
Como podo colaborar?
- Publicitando a campaña entre todas as persoas coñecidas (verbalmente, compartindo a través de rede sociais, etc.).
- Mercando un xoguete, un xogo educativo, unha mochila e entregándoo no Desván (martes e xoves de 10 a 13 h) antes do 15 de decembro.
- Revisando nas vosas casas e recuperando un xogo, un xoguete ou un libro que se atope en perfecto estado de uso e entregándoo no Desván (martes e xoves de 10 a 13 h) antes do 15 de decembro.
- Habilitando un punto de recollida no meu establecemento, asociación, centro social... e comunicándoo á organización da campaña (986787060-986780014-evaprieto@lalin.gal)
- Depositando unha doazón económica no comercio local (tendas de xoguetes ou librarías) e comunicándoo á organización da campaña (986787060-986780014-evaprieto@lalin.gal).