Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O NADAL EN DEZA-TABEIRÓS E AS ALDEAS DE NADAL A TRAVÉS DO PROGRAMA “TOGETHER WE CREATE CHRISTMAS SPIRIT” SERÁN O ÚNICO DESTINO TURÍSTICO GALEGO QUE SE PRESENTE NO STAND DO MAPA EN FITUR
  • Ademais da presentación que se realizará no stand do MAPA o mércores, día 21, a partir das 16:30 horas, o Nadal de Deza e as Aldeas de Nadal presentaranse o xoves, día 22, a partir das 13:15 horas no stand de Galicia.

O Nadal de Deza e Tabeirós, comandado polas Aldeas de Nadal de Lalín, será o único destino turístico galego, a través do GDR Pontevedra Norte, que se presente no stand do MAPA (Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación) en Fitur, na feira internacional de Turismo que se celebra a vindeira fin de semana en Madrid. Deste xeito, o proxecto Aldeas de Nadal terá o eco dentro dos eventos que acolla no seu stand este ministerio do Goberno do Estado.

 

Ademais da presentación que se realizará no stand do MAPA o mércores, día 21, a partir das 16:30 horas, o Nadal de Deza e as Aldeas de Nadal presentaranse o xoves, día 22, a partir das 13:15 horas no stand de Galicia, como un dos destinos turísticos importantes da nosa comunidade autónoma.

 

A atención cambiará á semana seguinte, tamén no Ifema, onde os protagonistas serán os cociñeiros e os produtos lalinenses. Xa que Lalín e a comarca de Deza terán un stand na feira Madrid Fusión durante os días 26, 27 e 28 de xaneiro nos que os visitantes poderán ollar e degustar os produtos lalinenses e dezanos. En concreto, a Feira do Cocido asumirá o protagonismo o día 27 de xaneiro, a partir das 13:00 horas, coa presentación da mesma con preparación de Cocido realizadas por cociñeiros lalinenses.

 

A semana de presentacións, concluirá o sábado, en Oviedo, na plaza Entrecorrales, o principal espazo cultural e social da capital asturiana, onde se presentará o Cocido a partir das 13:00 horas, cunha ampla representación de colectivos e de representantes institucionais asturianos que poderán degustar preparacións con productos do cocido elaborado polo chef lalinense Alejandro Iglesias.

km0