Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O VINDEIRO XOVES 22 DE XANEIRO REMATA O TALLER DE BENESTAR EMOCIONAL “COÑECENDO AS EMOCIÓNS”, IMPARTIDO POR ATEGAL
  • 12 sesións que foron impartidas os xoves dende o 23 de outubro, de 10:30 a 12:30 no salón de actos da Biblioteca Municipal

 

  • Nel participaron 12 persoas

O próximo xoves 22 de xaneiro remata o taller de benestar emocional "Coñecendo as emocións” de Afundación, creado en colaboración con Matia Instituto e que desenvolveu ATEGAL dende o 23 de outubro no salón de actos da Biblioteca Municipal en horario de 10:30 a 12:30. A programación foi a seguinte:

  • Sesión 1: “Entendo o que me pasa”, na que se buscou favorecer a reflexión sobre a importancia das emocións no día a día, o coñecemento sobre as mesmas e a consciencia sobre o propio estado emocional.
  • Sesión 2: “De onde veñen as emocións”, na que se tratou de entender a relación entre as emocións, o ambiente e os comportamentos ou reaccións.
  • Sesión 3: “Enténdome, logo existo”, procurando comprender as emocións que experimentamos, o seu significado e como adoitamos reaccionar ante determinadas situacións ou estímulos.
  • Sesión 4: “Os/as demais tamén se emocionan”, onde se aprendeu a entender os puntos de vista das demais persoas e comprender as súas emocións e os seus motivos, así como as súas reaccións.
  • Sesión 5: “Dicir ou non dicir, velaí a cuestión”, baseada en aprender as habilidades para expresar correctamente os nosos sentimentos e as necesidades asociadas aos mesmos.
  • Sesión 6: “Re(aprendendo) que é xerundio”, que ten como finalidade adquirir novas estratexias adaptativas para regular as nosa emocións en función de cada persoa.
  • Sesión 7: “Unha de emocións positivas... Marchando!”, onde se tocaron temas relacionados coas diferentes formas de mellorar o noso estado emocional no día a día, ademais de fomentar a consciencia sobre a cantidade de emocións positivas que experimentamos de maneira diaria.
  • Sesión 8: “Menos é máis”, na que se proporcionaron estratexias e ferramentas para axudar ás persoas a regular as súas emocións cando estas con negativas ou desagradables.
  • Sesión 9: “Desrizando o rizo”, unha extensión da anterior, onde tamén se proporcionaron estratexias e ferramentas para axudar as emocións complexas.
  • Sesión 10: “Con máis ferramentas na miña mochila”, onde se trataron algunhas calidades das persoas que poden axudar a aumentar o benestar, como o optimismo e a resiliencia.
  • Sesión 11: “Ferramentas que nos manteñen unidos/as”, sobre calidades como o sentido do humor, a asertividade e a empatía.
  • Sesión 12: “Porque eu o valgo”, sendo a última do programa, onde se recordará o valor de cada un como persoa e a importancia dos proxectos vitais.

 

km0