Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO ABRE O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O TALLER DE BENESTAR EMOCIONAL “SEN PRÉSA E CON SENTIMENTO” IMPARTIDO POR ATEGAL

Poderán tomar parte as persoas que veñen participando nalgunha das actividades de ATEGAL, para o que deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello

 

Desenvolverase do 5 de febreiro ao 28 de maio

 

 

Ofértanse 6 prazas

O vindeiro luns, 26 de xaneiro, a Concellería de Envellecemento Activo que dirixe Carmen Canda, abre o prazo de inscrición para o taller de benestar emocional gratuíto para as persoas que participan nalgunha das actividades de ATEGAL que se desenvolverá baixo a temática “Sen présa e con sentimento”. Os talleres desenvolveranse os xoves dende o 5 de febreiro ao 28 de maio en horario de 10:30 a 12:00 no salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín.

 

As sesións tratarán temas como o mindfullness intelixencia emocional, técnicas de relaxación e importancia do autocoidado, desenvolvemento da xeneratividade mantendo un propósito de vida, aceptación de envellecemento como etapa vital así como as perdas e ganancias que se dan nela.

 

As prazas ofertadas neste taller son 6. Cómpre indicar que estas actividades son unicamente para as persoas que participan xa nalgunha das actividades de ATEGAL (estimulación cognitiva, historia da arte, inglés, pintura, acuarela ou informática), sempre e cando non se cubran as prazas establecidas.

 

km0