Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CRESPO ANUNCIA A ALMUDENA MAÍLLO DEL VALLE, NOVA COMENDADORA DO COCIDO

Un nomeamento que recoñece o seu decisivo apoio á proxección do Cocido de Lalín en Madrid, coa presentación da Feira como Festa de Interese Turístico Internacional, na Casa da Panadería en 2022, e a súa traxectoria na promoción do turismo a nivel internacional


 

A concelleira delegada de Turismo do Concello de Madrid únese á nómina de comendadores confirmados: o pregoeiro Diego González Rivas; a Irene Villa; a Ramiro Mejuto, a Luis de la Fuente e a Jorge Mira

O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou hoxe no marco de Madrid Fusión a incorporación de Almudena Maíllo del Valle como nova comendadora do Cocido. Ao respecto, o rexedor indicou que “o nomeamento de Almudena Maíllo responde ao apoio e colaboración que nos brindou desde o Concello de Madrid como concelleira de Turismo, xunto co alcalde José Luis Martínez-Almeida e tamén comendador, para a presentación da Feira do Cocido en Madrid, na Casa da Panadería, na Praza Maior da capital en 2022, no que supuxo o primeiro acto oficial da Feira do Cocido baixo a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional e primeira gastronómica internacional de España”. A obtención da distinción de Festa de Interese Turístico Internacional obtívose en 2020, e en 2021 as celebracións quedaron reducidas pola pandemia.

Crespo subliñou que Almudena Maíllo representa a profesionalización da administración, a visión estratéxica e a capacidade de impulsar proxectos que conectan territorios e persoas. É unha defensora do turismo sostible, da cooperación internacional e da promoción cultural, valores que encaixan á perfección coa esencia da Encomenda do Cocido”.

Nacida en Madrid en 1977, Maíllo é licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, con especialización en Dirección Financeira e Contabilidade, e completou o Programa de Liderado para a Xestión Pública do IESE Business School.

Ao longo da súa carreira desempeñou cargos de alta responsabilidade, entre eles:

  • Concelleira delegada de Turismo do Concello de Madrid desde 2019

  • Secretaria xeral da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI) (2019-actualidade)

  • Concelleira presidenta dos distritos de San Blas-Canillejas, Moratalaz e Hortaleza en distintas etapas

  • Directora xeral de Turismo da Comunidade de Madrid (2007-2011)

  • Directora xeral de Educación Infantil e Primaria da Comunidade de Madrid (2011-2012)

Tamén traballou no departamento financeiro de Dragados e Construcións e foi docente en programas formativos da Cámara de Comercio de Madrid.

Comendadores confirmados ata o momento

Con esta designación, a Encomenda do Cocido 2026 suma xa os seguintes membros confirmados:

  • Diego González Rivas, cirurxián torácico de referencia global e pregoeiro da 58ª Feira do Cocido

  • Irene Villa, escritora, psicóloga e referente en superación persoal

  • Ramiro Mejuto, empresario lalinense destacado no sector do frío industrial

  • Luis de la Fuente, seleccionador nacional de fútbol

  • Jorge Mira, físico, divulgador científico e Medalla Galicia de Investigación

  • E agora, Almudena Maíllo, concelleira delegada de Turismo do Concello de Madrid e secretaria xeral da UCCI

A Encomenda do Cocido recoñece cada ano traxectorias destacadas en diferentes ámbitos que contribúen a prestixiar Lalín, Galicia e os valores culturais e humanos que representa a Feira do Cocido.

km0